Un destacamento enviado polo ministerio de Interior velará polo correcto funcionamento da xornada electoral.
As eleccións catalás que se desenvolven no día de hoxe contarán coa presenza de máis de 10.000 policías que, comandados polo ministerio de Interior traballaran durante todo o día para que todas as persoas que voten o fagan ben.
Ante a situación crucial que se vive en Catalunya tanto o ministerio de Interior como o propio ministro Juan Ignacio Zoido non queren descoidar nin o máis mínimo detalle, e así aproveitando tanto a súa posición como os poderes emanados da aplicación do artigo 155 da Constitución Española velarán polo correcto desenvolvemento dos comicios.
Deste xeito calquera persoas interesada ou con aspecto de exercer o seu voto hacia o bloque independentista(ERC, Junts per Catalunya, CUP) será disuadido con proporcionalidade, segundo apuntan fontes oficiais.