Unzué ficha pola equipa celeste e substituirá a Berizzo á fronte do RC Celta de Mos. O Mos oficializou a fichaxe de Juan Carlos Unzué despois de que o o adestrador navarro rematara a súa traxectoria en Barcelona. O adestrador asinará por dúas tempadas ca equipa mosense e agárdase del o mesmo rendemento que o seus predecesores, … Seguir lendo
Tag Archives: Vigo
Berizzo marchará do Celta a un concello limítrofe
O adestrador do Celta indicou o pasado domingo que marchaba do clube. Aínda que a situación parece non ter nada que ver coa venda do estadio de Balaídos, fontes do clube indican que o destino do adestrador podería estar nun concello limítrofe con Vigo. “Podería ser a avanzadilla do estadio”, declaran fontes próximas a Abel … Seguir lendo
O Celta marchará de Vigo e irá para A Coruña
Carlos Mouriño podería plantexarse a posibilidade se descende o Deportivo e Xulio Ferreiro procede a venderlle o estadio de Riazor. A polémica polo traslado do Celta fóra do ámbito municipal de Vigo non deixa de xerar polémica. A desta semana baséase nunha posíbel carambola que xoga co descenso do Deportivo da Coruña o que abriría … Seguir lendo
Caballero presenta o seu libro de xardinería “Cortando capullos”
O alcalde vigués ensina no seu novo libro os principios básicos da poda política. Abel Caballero, o alcalde vigués, famoso no mundo enteiro por crear un Dinoseto ou colocar barcos en rotondas, acaba de lanzar ao público o seu quinto libro, o primeiro deles fora do ámbito novelesco. Neste libro Caballero, baixo o título “Cortando … Seguir lendo
O novo Dinoseto será fabricado con céspede do Bernabeu
“E vaino pagar Florentino”, asegurou Abel Caballero. O novo Dinoseto, que a finais de 2017 será instalado no barrio do Calvario, na cidade de Vigo, será fabricado con 100% herba do Santiago Bernabeu. Así o expuxeron en rolda de prensa membros da empresa de xardinería subcontratada polo Concello e que se encarga do mantemento de … Seguir lendo
A Coruña pasará a chamarse Vigo de Arriba para que non se lien en Madrid
As continuas confusións de medios de comunicación estatais na localización das cidades galegas leva a tomar a decisión de emerxencia de bautizar a cidade da Coruña como “Vigo de Arriba”. O cambio de nome farase mediante un decreto da Xunta de Galicia nos próximos días e xa está a xerar protestas nas redes sociais a pesar … Seguir lendo
A nova cuberta de Balaídos será de Adamantium para non disgustar ao Real Madrid
Na súa construcción faleceron polo de agora 10 Lobetos. A reparación da cuberta de Balaídos esgazada pola cicloxénese explosiva da semana pasada segue camiño da súa completa substitución. A uralita, que o vento fixo saltar polos aires, está a ser remprazada por un equipo especializado de X-Men, enviados desde Carral polo profesor Xabier. A nova superficia … Seguir lendo
Sergio Ramos non entende como o Celta eliminou ao Real Madrid
Tanto Zidane como Florentino Pérez tentan a estas horas explicarlle como sumar os resultados dos partidos de ida e volta da Copa do Rei. O Celta de Vigo conseguía onte clasificarse para as semifinais da Copa do Rei despois de eliminar nos cuarto de final a nada máis que o Real Madrid, vixente campeón de … Seguir lendo
Abel Caballero comeza unha campaña para poñer bancos na Coruña
“Nen bancos sen coruños, nen Coruña sen bancos” titularase a iniciativa. O rexedor de Vigo, Abel Caballero, mostrou onte a súa consternación pola falta de mobiliario urbanístico nas calles da Coruña. Indicou que a carencia de bancos é o principal indicador de depresión e agorafobia. En palabras do propio alcalde: “Os pobres coruños non só … Seguir lendo
Rubén Pérez, armado cunha zambomba, toma reféns no Concello para esixir que apaguen os villancicos
Cun gorro de Santa Claus, blandindo unha zambomba e cantando “Hacia Belén va una burra, rin rin”, así relatan testemuñas presenciais a entrada de Rubén Pérez no Concello de Vigo. O secretario de organización de Esquerda Unida e voceiro da Marea de Vigo sucumbe á presión e, armado cunha zambomba, irrumpiu hoxe a primeira hora … Seguir lendo