Ten nove anos e responde ó nome de Alexandre. Foi visto polas inmediacións da Avenida Camelias, onde tentaba mercar nunha tenda. Segundo a súa propietaria repetía insistentemente “unha ducia de ovos”; ó non ser entendido por ningún dos presentes avisouse á Policía Local, que o trasladou a dependencias policiais. Membros de Galicia Bilingüe trasladáronse ata … Seguir lendo
Tag Archives: Vigo
Científicos recomendan mirar a iluminación de nadal de Vigo a través dunha radiografía
O anuncio de Abel Caballero da instalación das luces de nadal fai ser precavidos a ópticos e oftalmólogos. O anuncio de Abel Caballero de instalar máis de nove millóns de lámpadas led e iluminar árbores, consistorio e rúas puxo en alerta a científicos e profesionais da medicina para evitar que a poboación da cidade … Seguir lendo
Un ourensán queixase de que en Samil hai demasiados vigueses
Estaba de vacacións e atopouse cun gran número de vigueses na praia. Antoñito García colleu vacacións en agosto e decidiu, como tantos outros ourensáns, ir a Vigo a pasalas. Reservou un apartamento na cidade olívica e acudiu á praia de Samil. As vacacións remataron en lágrimas para Antoñito que comprobou que Vigo estaba cheo de … Seguir lendo
A aplicación da LFP espía usuarios para saber se botan un casquete se gaña o seu equipo
Na Coruña fodeuse pouco este ano. Onte coñeceuse que a aplicación de Android da Liga de Fútbol Profesional emprega o micrófono do teléfono dos usuarios para comprobar se están a piratear un partido. Informáticos ata as trancas de ritalín conseguiron descubrir que a mesma aplicación tamén espían os usuarios para coñecer os hábitos sexuais despois … Seguir lendo
Un estudo xenético revela que os vigueses son todos de Ourense
Científicos da USC en colaboración con universidades británicas conclúen que os habitantes de Vigo presentan os mesmos patróns xenéticos que os de Ourense Tamén atoparon nalgúns indivíduos patróns procedentes de Portugal Un grupo de investigación acaba de presentar un estudo que fala dos patróns de diferenciación xenética e as pegadas das migracións nos que a … Seguir lendo
A Lama albergará o primeiro módulo do mundo para rapeiros
Inaugúrase ante a inminente entrada na cárcere dos membros da banda musical “La Insurgencia’ O módulo contará con 40 celdas, inda que non se descarta a ampliación modular se continúan aumentando o número de persoas encarceadas pola Audiencia Nacional. A localización débese a unha cuestión estratéxica, dado que 6 dos membros do grupo “La Insurgencia” … Seguir lendo
A estatua dos redeiros de Vigo será substituída por un busto de Abel Caballero
O monumento ao traballo será eliminado da Gran Vía viguesa no vindeiro mes. O busto de 15 metros de altura será forxado en ouro e diamantes coa imaxe de Abel de cintura cara arriba e sustituirá un dos ítems máis representativos da cidade, o monumento ao traballo. A estatua, que representa a sete homes ben … Seguir lendo
Abel Caballero comeza a construcción da Estrela da Morte
Sen previo aviso, a impoñente estructura comeza a tomar forma na cidade de Vigo. Desde hai tempo é sabido a intención do alcalde de Vigo, Abel Caballero, de construír un imperio ao redor da súa emblemática figura, e unha vez máis este da outro novo paso cara conquerilo. Desta volta trátase nin máis menos que … Seguir lendo
As rotondas de Vigo non conseguen que sexa a cidade máis fea de España
A cidade de Vigo alcanzou o segundo posto no ranking de cidades máis feas do estado español soamente por detrás de Parla. Os esforzos do alcalde de Vigo poñendo dinosetos, televisións de plasma e barcos nas rotondas non surtiron o efecto desexado e víronse adiantados por Parla nesta estraña competición. Abel Caballero xa anunciou que … Seguir lendo
Lanzan un Burmar-Flax de raxo en zorza
En Vigo xa existe un boicot ao produto primeiro porque o sabor é tipicamente coruñés e segundo porque non se utiliza o nome ‘frigolosina’ en lugar de Flax. A empresa Burmar Sweet ven de anunciar o lanzamento dun novo sabor nos seus coñecidos flases de sabores. Este verán poderemos atopar en tendas, kioskos e supermercados, … Seguir lendo