Un veciño de Nigrán trata de levar o Dinoseto para poñelo no xardín da súa casa
Sucesos

Un veciño de Nigrán trata de levar o Dinoseto para poñelo no xardín da súa casa

Un veciño de Nigrán desmontou o dinoseto para tratar de levalo para a súa casa e que así puidera adornar o seu xardín. Veciños da zona vella de Vigo denunciaron onte que un home estaba a desmontar o emblemático dinoseto e subíndoo por pezas a un camión. Alarmados pola situación avisaron á policía que se personou … Seguir lendo

Enxeñeiros da Uvigo consiguen illar o material co que están feitos os Vitrasa
Ciencia

Enxeñeiros da Uvigo consiguen illar o material co que están feitos os Vitrasa

Despois de varias décadas de estudos, consiguen illar o material que a partir de agora poderá ser usado na industria militar para a fabricación de chalecos antibalas. Enxeñeiros da Universidade de Vigo, acaban de illar por primeira vez o material dos autobuses urbanos de Vigo, os Vitrasa, mundialmente coñecidos pola súa resistencia ao impacto e a dureza … Seguir lendo

O Dinoseto ocupará a cabeza de lista de Pontevedra ao Congreso polo PSOE
Dinoseto

O Dinoseto ocupará a cabeza de lista de Pontevedra ao Congreso polo PSOE

Soa para a carteira de Medio Ambiente. O Dinoseto encabezará a papeleta ao Congreso pola provincia de Pontevedra en representación do PSdeG-PSOE o vindeiro 26X. O arbusto que forma parte do círculo de confianza de Pedro Sánchez, mostrouse ilusionado pola oportunidade que se lle brinda na repetición dos comicios. Aínda que a súa candidatura non será oficial … Seguir lendo

O hospital de Vigo pioneiro no tratamento experimental con augas fecais
Ciencia

O hospital de Vigo pioneiro no tratamento experimental con augas fecais

A Consellaría de Sanidade acaba de anunciar que o hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo xa está a realizar ensaios exitosos con augas fecais. Trátase dun tratamento experimental que trata de avanzar na reanimación de enfermos. Os ensaios estanse a producir xa na Unidade de Reanimación (REA) do hospital de Vigo. A consellaría agarda ter en … Seguir lendo

O hospital de Vigo cambia médicos por ‘chamanes’
Actualidade

O hospital de Vigo cambia médicos por ‘chamanes’

‘Xa que non hai material cirúrxico encomendarémonos aos espíritus’, apuntan dende a xerencia do centro. A ausencia de instrumental médico impediu, o pasado 1 de outubro, a intervención cirúrxica dun paciente con cancro no novo hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo. “Non é a primeira vez que se cancelan operacións. Xa foron varias as que houbo … Seguir lendo