Dinoseto

O novo Dinoseto será fabricado con céspede do Bernabeu


“E vaino pagar Florentino”, asegurou Abel Caballero.

rinoseto2

Caballero en Navia, co Rinoseto

O novo Dinoseto, que a finais de 2017 será instalado no barrio do Calvario, na cidade de Vigo, será fabricado con 100% herba do Santiago Bernabeu. Así o expuxeron en rolda de prensa membros da empresa de xardinería subcontratada polo Concello e que se encarga do mantemento de parques, xardíns e dinosaurios da cidade olívica.

O novo dinosauro verde terá unhas dimensións similares ao que xa habita na Porta do Sol e estará roendo nun madroño, o érbedo galego de toda a vida.

“Imos traer á vida un novo dinoseto, desta volta con herba do estadio do Real Madrid e vaino pagar Florentino” aseguraba Abel Caballero mentres supervisaba uns baches na avenida Portanet. “E cando Pedrerol perda o traballo será el quen o regue” engadía.

captura-de-pantalla-2017-02-12-a-las-18-50-57Polo de agora non hai ningún desmentido por parte do Real Madrid Club de Fútbol nin do propio Josep Pedrerol, máis alá dun chío deste último que si podería ter relación coas últimas declaracións do alcalde de Vigo.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.