O alcalde vigués ensina no seu novo libro os principios básicos da poda política.

Caballero durante a presentación do seu quinto libro.
Abel Caballero, o alcalde vigués, famoso no mundo enteiro por crear un Dinoseto ou colocar barcos en rotondas, acaba de lanzar ao público o seu quinto libro, o primeiro deles fora do ámbito novelesco.
Neste libro Caballero, baixo o título “Cortando capullos”, explica pormenorizadamente como actuar políticamente contra advenedizos no teu propio partido, nunha crítica velada ao seu “compañeiro”, o voceiro do grupo parlamentar do PSdeG, Xaquín Leiceaga.
Durante a rolda de prensa de presentación do que aspira a ser o bestseller do ano, Abel bromeaba co título do libro “Pensé en llamarle Podemos, pero quedaba raro” e cre que o finalmente escolleito “Cortando capullos” é máis fiel ao que representa o propio ensaio político e agrícola.
Neste libro tamén poderemos atopar un capítulo íntegramente dedicado a como crear e coidar un dinoseto, ou como prantar barcos en rotondas sen nin sequera despeinarse o tupé.
Deste xeito o alcade de Vigo volve á primeira liña literaria e política facendo o que a el máis lle gusta, non deixar títere con cabeza.

Portada do novo libro de Abel Caballero, “Cortando Capullos”.