Tanto Zidane como Florentino Pérez tentan a estas horas explicarlle como sumar os resultados dos partidos de ida e volta da Copa do Rei.

Sergio Ramos non entende a propiedade da suma.
O Celta de Vigo conseguía onte clasificarse para as semifinais da Copa do Rei despois de eliminar nos cuarto de final a nada máis que o Real Madrid, vixente campeón de Europa.
A eliminatoria, que se saldou finalmente cun sumatorio de 4-3 para o Celta(1-2 na ida no Bernabeu e 2-2 en Balaídos no partido de volta onte) non fai máis que confirmar o bo estado de forma dos de Berizzo, que nun traballado pero sufrido partido onte, foron quen de conter á equipa madrileña.
Porén, a nota discordante do pase do Celta á seguinte ronda protanizábaa onte Sergio Ramos, quén visíbelmente enfadado, non era quen de entender por qué a súa equipa se quedaba fora do torneo. E éque Ramos non comprendía a necesidade de adicionar os resultados de ida e volta para calcular o sumatorio que decidía dar o pase ao equipo vigués grazas a ventaxa colleitada a pasada semana no Santiago Bernabeu.
A pesar das explicacións dos seus compañeiros, corpo técnico e incluso do seu presidente Florentino Pérez, o xogador andaluz, non foi quen de comprender que os 4 goles totais do Celta de Vigo fosen máis que os 3 do Real Madrid, e ameazaba ao trío arbitral con levalos aos xulgados.
Xa nos vestiarios, Sergio Ramos aseguraba que se asesoraría co Comité electoral das Primarias de En Marea para ver como defender hábilmente o seu recurso e facer que os 3 tantos madrileños valgan máis que os 4 do Celta. En conversas cos micros a pé de campo de TemposGalegos Ramos apelaba a súa amizade co alcalde da Coruña e o seu gabinete para que mediaran pola axuda do Comité Electoral. “Seguro que en A Coruña me echan una mano, aunque solo sea por eliminar al Celta, y si no, siempre puedo recurrir a decirles que Villares es celtista de toda la vida, eso no falla” afirmaba o defensa.