O Celta marchará de Vigo e irá para A Coruña

Carlos Mouriño podería plantexarse a posibilidade se descende o Deportivo e Xulio Ferreiro procede a venderlle o estadio de Riazor. A polémica polo traslado do Celta fóra do ámbito municipal de Vigo non deixa de xerar polémica. A desta semana baséase nunha posíbel carambola que xoga co descenso do Deportivo da Coruña o que abriría…

Caballero presenta o seu libro de xardinería “Cortando capullos”

O alcalde vigués ensina no seu novo libro os principios básicos da poda política. Abel Caballero, o alcalde vigués, famoso no mundo enteiro por crear un Dinoseto ou colocar barcos en rotondas, acaba de lanzar ao público o seu quinto libro, o primeiro deles fora do ámbito novelesco. Neste libro Caballero, baixo o título “Cortando…

O novo Dinoseto será fabricado con céspede do Bernabeu

“E vaino pagar Florentino”, asegurou Abel Caballero. O novo Dinoseto, que a finais de 2017 será instalado no barrio do Calvario, na cidade de Vigo, será fabricado con 100% herba do Santiago Bernabeu. Así o expuxeron en rolda de prensa membros da empresa de xardinería subcontratada polo Concello e que se encarga do mantemento de…

A Coruña pasará a chamarse Vigo de Arriba para que non se lien en Madrid

As continuas confusións de medios de comunicación estatais na localización das cidades galegas leva a tomar a decisión de emerxencia de bautizar a cidade da Coruña como “Vigo de Arriba”. O cambio de nome farase mediante un decreto da Xunta de Galicia nos próximos días e xa está a xerar protestas nas redes sociais a pesar…

A nova cuberta de Balaídos será de Adamantium para non disgustar ao Real Madrid

Na súa construcción faleceron  polo de agora 10 Lobetos. A reparación da cuberta de Balaídos esgazada pola cicloxénese explosiva da semana pasada segue camiño da súa completa substitución. A uralita, que o vento fixo saltar polos aires, está a ser remprazada por un equipo especializado de X-Men, enviados desde Carral polo profesor Xabier. A nova superficia…

Sergio Ramos non entende como o Celta eliminou ao Real Madrid

Tanto Zidane como Florentino Pérez tentan a estas horas explicarlle como sumar os resultados dos partidos de ida e volta da Copa do Rei. O Celta de Vigo conseguía onte clasificarse para as semifinais da Copa do Rei despois de eliminar nos cuarto de final a nada máis que o Real Madrid, vixente campeón de…

Abel Caballero comeza unha campaña para poñer bancos na Coruña

“Nen bancos sen coruños, nen Coruña sen bancos” titularase a iniciativa. O rexedor de Vigo, Abel Caballero, mostrou onte a súa consternación pola falta de mobiliario urbanístico nas calles da Coruña. Indicou que a carencia de bancos é o principal indicador de depresión e agorafobia. En palabras do propio alcalde: “Os pobres coruños non só…

Vende na Pedra o tabaco que lle pedía aos colegas

Descubren a un home de nacionalidade galega vendendo no mercado vigués de A Pedra o tabaco que lles pedía coa escusa de ter quedado sen el. Un mozo, que segundo os testigos, falaría en galego, foi atopado vendendo tabaco procedente das suas amizades. A persoa en cuestión, pedía tabaco baixo a premisa de ter quedado…

Un home tenta suicidarse guindándose dende o ego de Abel Caballero

Os 75 metros da torre do hospital xeral non lle pareceron suficientementes polo que un veciño de Vigo que responde ás iniciais MGG saltou onte dende o ego de Abel Caballero.  A pesar da altura o home resultou ileso ao caer sobre a paciencia dun militante de base do PSOE que paseaba pola rúa e que nin se…

Enxeñeiros da Uvigo consiguen illar o material co que están feitos os Vitrasa

Despois de varias décadas de estudos, consiguen illar o material que a partir de agora poderá ser usado na industria militar para a fabricación de chalecos antibalas. Enxeñeiros da Universidade de Vigo, acaban de illar por primeira vez o material dos autobuses urbanos de Vigo, os Vitrasa, mundialmente coñecidos pola súa resistencia ao impacto e a dureza…