‘A ver si va a parecer que ya son otro país’, coméntase dende Moncloa Onte coñeceuse o adianto das eleccións en Catalunya pactado por Artur Mas e o líder de ERC Oriol Junqueras e, segundo avanzou o presidente da Generalitat, terán lugar o próximo 27 de setembro deste ano. O adianto electoral catalán sentou mal…
Etiqueta: rajoy
Un selfie de récord
Os líderes mundiais non quixeron pasar desapercibidos e organizáronse para lograr batir un novo récord Guiness. O selfie protagonizado polos presidentes de diferentes países do mundo, durante a manifestación do pasado domingo día 11 en París, acaba de ser condecorado co Guiness World Record a fotografía máis demagóxica nunha manifestación non política. A foto tomada ao…
Comparece ante os medios un señor con barba
Suaba, nervioso, pola falta de costume de falar ante os medios Hoxe os medios de comunicación foron sorprendidos cunha comparecencia dun home con barba no Palacio da Moncloa. Xornalistas dos distintos medios congregados atenderon a comparecencia aínda que non sabían exactamente quen puidera ser. A moitos soáballe a cara e dicían que o coñecían de…
Podemos beatificará a membros da dirección do Partido Popular
O partido liderado por Pablo Iglesias anunciou que, coa chegada do nadal, realizará unha beatificación masiva de directivos do Partido Popular, por ser quen máis están facendo para acabar con eles mesmos. A organización política Podemos organizará en Madrid, nas vindeiras datas de nadal, beatificacións masivas de membros do Partido Popular. Segundo reza o comunicado…
Artur Mas: “Espanya vai de guai e non chega a chachi”
O President deixa claro que non se amilanará ante as ameazas xudiciais procedentes de Madrid. Así parafraseando aos rockeiros galegos Medomedá, Artur Mas referíase ao goberno do Estado español e veladamente ao presidente do Goberno, Mariano Rajoy. Artur Mas asegurou en rolda de prensa que as presións que desde os estamentos xudiciais españois se están a…
Morto o can, rematou o ébola
O Goberno central tira de refraneiro popular para atallar a crise do ébola. Como avanzaban distintos medios de comunicación, a menestra de Sanidade, Ana Mato, decidiu facer honra ao seu nome e sacrificar a Excalibur, o can da parella infectada con ébola que permanece aislada por unhas toallas e catro sábanas no hospital Carlos III…
O PP non cumpre o seu programa nin para os seguidores máis ultras
Rajoy aborta a contrareforma da Ley do Aborto e, de paso, aborta a Gallardón como ministro O do goberno do PP xa empeza a ser un caso de estudo como o único goberno que non cumpriu ningunha promesa electoral. Nin sequera a que todo o mundo daba por cantada por ser unha das máis ideoloxizadas…
Whatsapp engadirá as bandeiras de Escocia e Catalunya aos seus iconos
Así o corfimaban esta tarde responsables da compañía de mensaxería. Mañá xoves, día 18 de setembro una nova actualización da aplicación líder en mensaxería traerá cambios sustanciais “debido aos cambios xeopolíticos que se están a dar”. Nestes termos se expresaba Mark Zuckerberg, dono de Facebook e desde o pasado febreiro tamén de Whatsapp. “É por…
A productora de ‘The Walking Dead’ ficha, en bloque, 30.000 seguidores de Rajoy
“Precisamos moitos zombies para a nosa próxima tempada”, afirmaron AMC Networks acaba de anunciar a contratación de 30.000 followers de twitter de Rajoy para a súa próxima tempada da exitosa serie ‘The Walking Dead’. Segundo transcendeu esta fin de semana na prensa internacional a noticia xurdida da compra da seguidores zombies por parte dos xestores…
Rajoy e Merkel intercambian ideas peregrinas en Compostela
A chanceler Angela Merkel e o presidente do goberno español percorreron un traxecto do Camiño de Santiago e aproveitaron para intercambiar ideas peregrinas A visita da chanceler alemá a Galiza foi aproveitada por Mariano Rajoy para intercambiar ideas. Entre elas destaca a peregrina idea de que Luis de Guindos, actual Ministro de Economía e copartícipe das…
[Especial Entroido] Rajoy irá disfrazado de pantalla a Xinzo de Limia
Como nas revistas de moda imos publicar un especial cos mellores disfraces que atopemos nestes días de festa e entroido. Os nosos reporteiros roubaron esta foto de Rajoy, cazado in fraganti, en Xinzo de Limia
Rajoy e Rubalcaba sacan as pirolas no Congreso para ver quen a ten máis grande
Nun xesto inaudito o presidente e o líder da oposición, depois de estar discutindo durante toda a mañá e toda a tarde, decidiron sacar os seus penes e comparalos para ver quen ten o órgano máis grande. Os feitos aconteceron despois do acalorado debate da tarde, dos continuos reproches e de centos de miles de…
