Nun xesto inaudito o presidente e o líder da oposición, depois de estar discutindo durante toda a mañá e toda a tarde, decidiron sacar os seus penes e comparalos para ver quen ten o órgano máis grande.
Os feitos aconteceron despois do acalorado debate da tarde, dos continuos reproches e de centos de miles de ‘y tú más’ e foi nese momento cando os asesores do PSOE e do PP, conscientes de que a xente estaba a perder totalmente o interese pola política no estado español, – lembremos os niveis de voto ao bipartidismo en mínimos históricos – cando pactaron un golpe de efecto: que se mediran as pirolas. Literalmente.
O presidente e o líder da oposición retiráronse a un despacho adxunto ao hemiciclo onde, diante dun selecto grupo de xornalistas, procederon a baixar a pitrina.
Segundo o ABC e La Razón, Rajoy tena máis grande. El País di que Rubalcaba calza máis, mentres que Público pregúntase porque non deixaron participar a Llamazares ou Cayo Lara. Por último, o programa La Tuerka vai facer hoxe un especial onde Pablo Iglesias vai ensinar a minga en directo. ‘Nós tamén PODEMOS’, dixo no comunicado no que anunciaron o programa especial.