O ladrón pintou un carallo no Códice Calixtino

Tamén escribiu a lista da compra e sospéitase que o levou ao supermercado As sorpresas non cesan no caso do Códice Calixtino. A última, que puidemos coñecer hoxe, trátase de que o ladrón pintou un carallo sobre unha das ilustracións do Códice Calixtino. Os peritos xudiciais desvelaron a profanación do libro mediante debuxos feitos a…

Feijóo dará a súa mensaxe de fin de ano en español

A novidade lingüística dentro do discurso do presidente da Xunta de Galiza foi anunciado esta mañá nunha conferencia do vicepresidente Alfonso Rueda. O discurso do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, para este fin de ano 2014 será dado integramente en español, idioma en palabras do vicepresidente “da indisoluble unidade do estado do que Galicia, como…

Podemos beatificará a membros da dirección do Partido Popular

O partido liderado por Pablo Iglesias anunciou que, coa chegada do nadal, realizará unha beatificación masiva de directivos do Partido Popular, por ser quen máis están facendo para acabar con eles mesmos. A organización política Podemos organizará en Madrid, nas vindeiras datas de nadal, beatificacións masivas de membros do Partido Popular. Segundo reza o comunicado…

La Voz de Galicia fusionarase co DOG

A nova cabeceira de Santiago Rey será aínda máis oficialista La voz de Galicia destaca por ser o medio de comunicación máis subvencionado do estado. Cada vez que saen axudas aos medios o xornal coruñés ocupa o primeiro posto no ranking de cantidades dadas a dedo polo executivo de Alberto Núñez Feijoo. Ademais diso, o…

Ana Aznar, nova afiliada do PNV

Unha foto colgada na rede social Twitter vén de desatar a tormenta mediática da semana. A filla de José María Aznar, expresidente do goberno español, posa xunto ao seu marido Alejandro Agag coa bandeira vasca, a ikurriña. Tralas investigacións levadas a cabo por diversos foros de internet como Forocoches.com ou Mediavida.com confirmaríase a noticia. Ana…

O goberno subvencionará viaxes sexuais ás Canarias

Alcanzará a cantidade equivalente a unha dieta do senado se a viaxe é de contido sexual Despois do escándalo das viaxes do presidente estremeño José Antonio Monago a Canarias as que se engadiu o caso do deputado do PP de Teruel, Carlos Muñoz, o goberno do estado decidiu coller o touro polos cornos para pechar o tema….

Un magosto popular asará 10 concelleiros envoltos en papel Albal

“Si haberá pan para tanto chourizo”, apuntan dende a organización A asociación Carnelao e a Plataforma Santiago de Corruptela organizarán conxuntamente este martes en Compostela un magosto popular no que o menú principal serán 10 concelleiros xunto coas tradicionais castañas, viño e licor café. O lema desta peculiar celebración do San Martiño será “Pápaos antes de…

Membros do PP de Catalunya trabúcanse e carrexan a anciáns a votar

Sucedía na maña de onte, durante o transcurrir da histórica xornada para Catalunya do 9N. Sobre as  11h da pasada mañá, durante as votacións sobre a independencia de Catalunya, algo que non estaba previsto sorprendía aos observadores internacionais que vixiaban o correcto funcionamento da xornada de referendo organizada polo pobo catalán. Membros do Partido Popular…