O PP inaugura os mítines veganos falando para as alcachofas

É de coñecemento xeral que o PP non ten querencia polos sectores máis activos da sociedade e que amosa as súas predileccións polo electorado máis adurmiñado e vexetativo pero na tarde de onte superiou os seus propios límites dando un mitin a un campo de alcachofas. Responsables da campaña popular indicaron que “Es mucho más…

Rajoy fará videos trotando por todas as cidades excepto Pontevedra

O Partido Popular lanzou a pasada semana unha serie de videos baixo o título “Camiñando rápido”. Neles pódese ver ao presidente Mariano Rajoy trotando e dando a coñecer varios dos seus aspectos máis persoais. O PP ten previsto reproducir estes videos de campaña por todas as capitais de provincia pero vai excluír da xira a…

O PP podería pagar a fianza da súa Caixa B con cartos da Caixa C

A Audiencia Nacional acaba de requerir ao Partido Popular un total de 1.245.154 euros como responsábel civil subsidiario no caso da súa Caixa B. A resolución do xuíz José de la Mata dálle un prazo de 10 días para aboar a fianza que terían que ter aboado Luís Bárcenas e Álvaro Lapuerta ou procederá ao…

O PP entra en precampaña presentando un prototipo de Matrix cañí

Rajoy acaba de presentar o prototipo de Matrix que o PP ten pensado para a poboación do estado español. A presentación realizouse no día de onte e segundo comunicaron aos medios trátase de crear a Matrix española onde os parados serán utilizados para xenerar electricidad para Iberdrola e Gas Natural. Deste xeito os desempregados serán…

A TVG seguirá a censurar cancións ata que escampe o tema dos paraísos fiscais

A polémica está servida despois de que a Televisión de Galicia censurara uns segundos da canción dunha canción no programa Musigalité na que se criticaba ao Partido Popular. Segundo explicaron fontes próximas á canle autonómica a medida tomada contra a canción do grupo Ataque Escampe á que se lle censurou unha parte da letra que dicía “Isto…

O ministro Soria asegura que non é ministro

Despois de ser collido en varias mentiras acerca do aparecido nos #PanamáPapers o ministro asegura non pertencer ao executivo. Varias son as mentiras que a raíz do escándalo dos Papeis de Panamá lle foron cazadas a José Manuel Soria, desde que el nunca tivera accións da empresa offshore UK Lines Limited, ata que ninguén da…

Un cargo do PP ingresado tras pisar o seu propio morro e caer de fociños

Segundo informaron os servizos de urxencias que se achegaron ao lugar do accidente as lesións non revisten gravidade pois aterrou coa cara. Un cargo do Partido Popular foi ingresado no día de onte despois de pisar o seu propio morro e provocar que tropezara e fose de fuciños contra o chan. Os servizos de urxencia que…

O Partido Popular abrazará o look perroflauta se se convocan novas eleccións

Un novo look para Mariano Rajoy e para os deputados populares figuran entre as estratexias de comunicación do PP. O Partido Popular xa está a preparar un previsíbel adianto electoral e os seus asesores demoscópicos xa traballan na imaxe dos candidatos populares para os novos comicios. Segundo puido saber Tempos Galegos os asesores de imaxe…

Feijoo encarga un palé de Fortasec

O descalabro do Partido Popular nas eleccións ás cortes españolas precipita o pedido urxente de cantidades inxents Fortasec para o presidente da Xunta.  O irrupción de En Marea no panorama galego está a provocar moitos problemas do PP de Galicia. Moitos asesores e cargos do partido foron atopados correndo en círculo coas mans na cabeza nas sedes…

A Fiscalía de Ourense soamente acusará aos Baltar cando se xubilen

Arquivaránse todas as actuacións da familia Baltar que sexan supostamente delictivas ata que o responsable das mesmas estea xubilado. A fiscalía anunciou o arquivo das dilixencias penais contra Manuel Baltar ao non apreciar delicto no caso da oferta de traballo na Deputación de Ourense a cambio de sexo. Para evitar que casos coma estes se…

Soraya tamén substituirá a Rajoy nas reunións da comunidade de veciños

O presidente do goberno utilizará á vicepresidenta para substituílo en todas as cousas que non lle apeteza facer o que a levará a atender todas as tarefas de Mariano Rajoy salvo a lectura do diario Marca. Fontes da Moncloa confirman que Soraya Sáenz de Santamaría será a doble oficial de Mariano Rajoy e asumirá moitas…