O Partido Popular lanzou a pasada semana unha serie de videos baixo o título “Camiñando rápido”. Neles pódese ver ao presidente Mariano Rajoy trotando e dando a coñecer varios dos seus aspectos máis persoais.
O PP ten previsto reproducir estes videos de campaña por todas as capitais de provincia pero vai excluír da xira a Pontevedra.
A resposta oficiosa do partido indica que se excluíu a cidade do Lérez pola mamporrazo que sufriu o presidente na pasada campaña electoral pero profundizando un pouco máis a razón parece ser que ver ao presidente trotando por Pontevedra podería incitar ao cachondeo público da campaña.
Mariano Rajoy sempre preferiu o trote cochinero a correr e así o indica na primera frase do primeiro video que se difundiu a semana pasada: “Siempre he preferido caminar rápido a correr. Caminar rápido es mi manera de alcanzar los objetivos porque cuando no corres, tienes menos posibilidades de tropezar”.
Preguntado Usain Bolt pola frase do presidente respostou “Pero quen carallo é ese?”.