Política

O ministro Soria asegura que non é ministro


Despois de ser collido en varias mentiras acerca do aparecido nos #PanamáPapers o ministro asegura non pertencer ao executivo.

soria-alfonso--644x362Varias son as mentiras que a raíz do escándalo dos Papeis de Panamá lle foron cazadas a José Manuel Soria, desde que el nunca tivera accións da empresa offshore UK Lines Limited, ata que ninguén da súa familia tivera ou ten nada que ver con ela, a pesares de ser fundada polo seu propio pai.

“Nunca he tenido ni acciones, ni participación, ni responsabilidad con la empresa UK Lines Limited. (…) Ni yo ni nadie de mi familia”

 José Manuel Soria, ministro de Industria, Enerxía e Turismo.

Pero indo máis alá e nun intento de fuxida cara adiante, o ministro Soria daba outra rolda de prensa na tarde-noite de onte, onde ante a sorpresa dos medios de comunicación alí congregados, Soria aseguraba non ser ministro de Industria, Enerxía e Turismo.

Ante dito enunciado varios periodistas sorprendidos por tal afirmación, preguntaban polo maletín que portaba do ministerio, ao que Soria respondía que debía ser un erro.

Polo de agora o Partido Popular non se quixo facer declaracións ao respecto, a pesar que desde o resto de partidos do arco parlamentarios urxen unha acción do mesmo de cara a destitución do en verdade ministro.

Ao mesmo tempo desde Hollywood estarían tentando contactar co Soria para encarnar ao protagonista da secuela de Mentiroso Compulsivo, onde acompañaría a Jim Carrey á fronte do filme.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.