A Audiencia Nacional acaba de requerir ao Partido Popular un total de 1.245.154 euros como responsábel civil subsidiario no caso da súa Caixa B. A resolución do xuíz José de la Mata dálle un prazo de 10 días para aboar a fianza que terían que ter aboado Luís Bárcenas e Álvaro Lapuerta ou procederá ao embargo da formación conservadora.
Segundo fontes non oficiais o Partido Popular non vai ter problema para satisfacer esa cantidade e menos en vésperas dunha campaña electoral que lle impediría poder realizar campaña. As mesmas fontes declaran que “No vamos a tener problema. Tiraremos de la Caja C… Uppps!”
O Partido Popular nega oficialmente a existencia dunha Caixa B e dunha contabilidade paralela pero o certo é que non é a primeira vez que hai sombras sobre a contabilidade popular xa que anos atrás o caso Naseiro xa enzoufou as contas populares a pesar de ser arquivado ao ser declaradas ilegais as escoitas que se fixeran.
Mentres pola rede xa xurdiron varias teorías da conspiración que indican que o PP podería ter caixas que cheguen á letra Z ou incluso que van máis alá como nas matrículas antiguas o que permitiría que houbese caixas coa ata a letra ZZ.