Constátase que Vigo é unha cidade dormitorio de Ourense

Que a grande parte da poboación da urbe industrial teña ascendencia ourensá abriu o camiño aos investigadores A instalación da fábrica de PSA Citroën en Vigo mudou a fisionomía da cidade, comentan investigadores do campo da  Xeografía Humana da UNED da Coruña que se adicaron ao estudo dos cambios poboacionais na cidade olívica. Segundo consta no estudio foi…

O PP sopesa a fichaxe da alcaldesa do BNG na Bola

O Partido Popular podería pagar a cláusula de rescisión da nacionalista, que ascende a cifra de 3 millóns de euros. O Partido Popular de Ourense, que preside Xosé Manuel Baltar Jr., tería formalizado xa a oferta tanto á formación nacionalista como á alcaldesa da Bola, María Teresa Barge. Como xa fixera na anterior campaña, na…

Ceivar convocará concentracions solidarias con Baltar en todas as vilas galegas

O colectivo popular anti-represivo Ceivar vén de emitir un comunicado no cal, rexeita formalmente a sentenza inculpatoria do expresidente da Deputación de Ourense O colectivo de apoio aos presos galegos pronunciabase así ante a sentenza en firme que na pasada semana culpaba a Xosé Luís Baltar polas contratacións indiscriminadas de 104 persoas, enchufadas na Deputación…

O colectivo GALPÓN pide a independencia de PonteCanedo

O colectivo GALPÓN (Grupo Armado de Liberación PONtina) emitía onte un comunicado no xornal “Ourense Por Barrios”, no cal expresaba a súa intención de retomar a loita armada para conseguir a “liberaçom” do Concello de Canedo, anexionado a Ourense nos anos 50. No comunicado afírmase que a situación de “opresom” vivida polos habitantes de PonteCanedo…

Baltar asegura que as subvencións vainas devolver “su puta madre”

Baltar Jr. anunciou un recurso ante a sentenza que obriga a Deputación de Ourense a devolver os 10 millóns de euros embolsados polo caso das depuradoras. As irregularidades detectadas pola oficina anti fraude europeo(OLAF), e agora asumidas polo Goberno do Estado español pretenden obrigar a que o ente provincial ourensán reintegre o montante de 10,1…

O PP de Ourense pagará tres millóns de euros a Rosendo

En concepto de indemnización, así se facía pública, coa entrega dun cheque, o próximo relevo na sercretaría xeral dos populares na cidade de Ourense A inminente chegada de Susi, o conselleiro (Jesús Vázquez), puña nun compromiso ao presidente provincial, que deste xeito salda contas co actual líder da oposición no Concello das Burgas. Do mesmo…

Baltar farase co Trono de Ferro na cuarta tempada de Xogo de Tronos

O cacique ourensán pugnará polo Trono de Ferro na prestixiosa serie da HBO e conseguirao grazas ao reparto de postos de traballo en Desembarco do Rei. Segundo transcendeu nas rede Baltar aparecerá na cuarta tempada de Xogo de Tronos a través dun novo reino en conflito “Ourensalia” que se fará cos 7 reinos en clara…

Nintendo lanza Pokemon, Corruption Edition

Novos pokemons con rolex, gindastres e xardíns perfectamente acondicionados e incluirá un novo mercado no que regalar toda clase de complementos, dende rolex ata chisqueiros A coñecida empresa nipona acaba de anunciar o lanzamento dunha nova versión especial da súa coñecida franquicia Pokemon. Segundo anunciaron nunha nota de prensa agardan obter un significativo éxito tanto…

Pachi Vázquez candidato do PSdeG-PSOE a alcaldía de Ourense

O político Pachi Vázquez, exsecretario xeral do PSdeG-PSOE, exalcalde do Carballiño e deputado no parlamento galego vai ser finalmente o candidato do sector “pachista” a alcaldía da cidade das Burgas. O conflito polo control da PSdeG-PSOE en Ourense das últimas semanas acabou por precipitar a presentación da candidatura que xa comezaba a tomar forma desde…

Os díscolos do PSOE de Ourense déixanse querer por Anova

Despois da suspensión de militancia por parte da executiva de Ferraz os “pachistas” abren as portas ás negociacións. A situación crítica que se mantén desde o pasado 16 de decembro, cando este grupo de críticos abandonou unha sesión plenaria durante a votación, deixando en minoría ao alcalde, Agustín Fernández viuse agravada este mesmo xoves, cando…