Política

O PP de Ourense pagará tres millóns de euros a Rosendo


Rosendo recibe das mans de Baltar Jr. o cheque en concepto de indemnización

Rosendo recibe das mans de Baltar Jr. o cheque en concepto de indemnización

En concepto de indemnización, así se facía pública, coa entrega dun cheque, o próximo relevo na sercretaría xeral dos populares na cidade de Ourense

A inminente chegada de Susi, o conselleiro (Jesús Vázquez), puña nun compromiso ao presidente provincial, que deste xeito salda contas co actual líder da oposición no Concello das Burgas.

Do mesmo xeito especúlase coa posibilidade de que ademais do montante económico, Rosendo sexa  gratificado con algún tipo de cargo de titularidade autonómica, todo parecendo indicar, que se convertiría no novo delegado territorial da Xunta en Ourense.

Pola súa parte Rosendo facía mención a súa completa disposición para o partido, e que estes cartos irían destinados a “tapar buratos” así como a limpar algunhas pintadas da cidade nas que se pode ler “No votes a Rosendo que es gerundio”

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.