Tecnoloxía

Nintendo lanza Pokemon, Corruption Edition


Novos pokemons con rolex, gindastres e xardíns perfectamente acondicionados e incluirá un novo mercado no que regalar toda clase de complementos, dende rolex ata chisqueiros

A coñecida empresa nipona acaba de anunciar o lanzamento dunha nova versión especial da súa coñecida franquicia Pokemon.

Segundo anunciaron nunha nota de prensa agardan obter un significativo éxito tanto en ventas como en aceptación por parte da comunidade de xogadores.

Tamén avanzaron parte dos novos pokemon e os seus poderes especiais. Así o novo pokemon Paco terá a habilidade de lanzar rolex de ouro, o pokemon Marnotes a habilidade de facer crecer o céspede e os xardíns espontaneamente, o pokemon Orozco con capacidade do desmentido continuo ou outros moitos pokemons que serán capaces de quitar multas telepaticamente.

Haberá tamén pokemons que actuarán de “facilitadores” para as eleccións municipais dos pokemon e outros pokemon-patos que poderán arranxar parques e xardíns mediante o intercambio de agasallos.

pokemon corruption edition

One thought on “Nintendo lanza Pokemon, Corruption Edition

  1. Pingback: Un magosto popular asará 10 concelleiros envoltos en papel Albal | Tempos Galegos

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.