Actualidade

Ceivar convocará concentracions solidarias con Baltar en todas as vilas galegas


O colectivo popular anti-represivo Ceivar vén de emitir un comunicado no cal, rexeita formalmente a sentenza inculpatoria do expresidente da Deputación de Ourense

O colectivo de apoio aos presos galegos pronunciabase así ante a sentenza en firme que na pasada semana culpaba a Xosé Luís Baltar polas contratacións indiscriminadas de 104 persoas, enchufadas na Deputación de Ourense para así poder dar un relevo con garantías ao seu fillo Xosé Manuel Baltar, tanto ao fronte da institución provincial como do propio PP ourensán.

Ceivar considera que esta sentenza é “arbitraria e de parte” rexéndose en ditames e parámetros políticos máis que obxectivos xudicialmente, e inculpando ao cacique bo, por un feito que se repite en “centos de lugares polo país adiante”.

Nos próximos días organizarán diferentes actos e concentracións as portas dos xulgados, nas cales defenderán a liberadade de todos os presos políticos e que nesta ocasión serán baixo o lema “Xosé Luís Baltar, preso político, aurrera, aurrera!”.

ceivar baltar
Titular suxerido por @iago_87_ neste chío

 

One thought on “Ceivar convocará concentracions solidarias con Baltar en todas as vilas galegas

  1. Ben feito! Hai que reivindicar a posta en liberdade deste mozo que loita pola independenza e sozialismo e contra a repreçom polizial!!!!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.