Sociedade

Ante os temores de secesión de Vigo, Ourense reclamará dereitos sobre a Praia de Samil


Despois das últimas novas que vinculan o futuro de Vigo á consulta popular, e ante as posibilidades reais de que a cidade olívica se anexione a República de Portugal, Ourense iniciará os trámites para reclamar os dereitos adquiridos sobre a praia de Samil.

A praia de Samil esta mesma mañá, allea a polémica xerada nas últimas horas

A praia de Samil esta mesma mañá, allea a polémica xerada nas últimas horas

A praia de Samil, ubicada na costa viguesa é o enclave turístico de veraneo ourensán por excelencia, ate o de agora. Coa ameaza secesionista da cidade viguesa, Ourense quedaría sen o usufruto da súa única praia costeira, polo que en declaracións  a Tempos Galegos, a deputación de Ourense xa comezou os trámites para reclamar os dereitos de utilización do areal vigués.

A hipotética unificación de Vigo coa República de Portugal, obrigaría a Ourense a afortalar os seus dominios en zonas como Portonovo ou Sanxenxo, que en tempos de crise e debido a distancia entre estas e a capital das Burgas redundaría nun gasto a maiores considerábel dentro da economía da sociedade ourensá xa de por si mermada. O previsible descenso do PIB, afectaría drasticamente as familias con menos recursos e faría entrar en barrena os negocios e PYMES da provincia. Todo un risco que o goberno da deputación de Ourense non parece ter pensado permitir.

En reunión de urxencia Deputación e Concello decidía por medio da primeira, comezar os trámites legais correspondentes aos dereitos adquiridos despois de anos de uso da praia de Samil. “É inadmisíbel que o secesionismo queira acabar deste xeito coas clases populares da nosa provincia, máis se cabe, cando Vigo é descendente de ourensáns desde os seus comezos” expuña nun comunicado emitido polo goberno provincial.

Desde Vigo obviaron contestar ao que din “non son máis que provocacións de quen non acepta a vontade dos pobos” en clara alusión aos gobernos de PP e PSOE na provincia e cidade respectivamente. Do mesmo xeito incluso chegaron a tildar de “imperialistas de baixa intensidade” aos gobernos da provincia oriental.

Vista aérea do areal de Samil.

Vista aérea do areal de Samil.

3 thoughts on “Ante os temores de secesión de Vigo, Ourense reclamará dereitos sobre a Praia de Samil

  1. Iso podería ser hai dez anos. Ourense foi perdendo representatividade nestes últimos tempos. Hoxe en día, a meirande parte dos enclaves están tomados polas columnas lusas que se desprazan en autobús do imserso. Os xardíns, as piscinas e todo espazo onde un piñeiro arroxe algo de sombra son prazas fortes da repúblca veciña, De feito hai acordeóns que interpretan ¨a cabritinha¨ sen descanso en cada un destes lugares. Vaticino que será precisamente alí onde o voto será claramente pro-anexión. A Deputación pouco pode rascar neste asunto. O único que lles queda aos ourensáns é madrugar moito (máis aínda) para coller sitio. Dou fe de todo isto. Son socorrista en Samil.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.