Actualidade

O colectivo GALPÓN pide a independencia de PonteCanedo


IMG-20140227-WA0003O colectivo GALPÓN (Grupo Armado de Liberación PONtina) emitía onte un comunicado no xornal “Ourense Por Barrios”, no cal expresaba a súa intención de retomar a loita armada para conseguir a “liberaçom” do Concello de Canedo, anexionado a Ourense nos anos 50.

No comunicado afírmase que a situación de “opresom” vivida polos habitantes de PonteCanedo é inacetábel nun estado de dereito, e esta “aldraxe vivida tan só poderá será corrixida mediante peaxes en cada unha das pontes da cidade”.

Segundo GALPÓN a nación PonteCanedo extenderíase polos territorios do extinto concello de Canedo abarcando unha gran superficie da marxe dereita do río Miño.

O grupo paramilitar afirma que celebrarán o día da súa matria o próximo 25 de Xullo, día das propias festas da Ponte e de reinvindicación nacional. Nel celebrarán un acto político e unha manifestación reinvindicativa. Do mesmo xeito piden a todos que se sumen a esta “xusta reivindicaçom” para poder escapar dunha vez por todas do xugo de Ourense.

Remata o comunicado cunha frase lapidaria e precursora do que é o seu obxetivo socio-político a medio-longo prazo.

“PonteCanedo Ceive, independencia e termalismo!”

Militantes de GALPÓN piden a liberación do territorio ocupado.

Militantes de GALPÓN piden a liberación do territorio ocupado.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.