Planeta DeAgostini lanzará unha colección de fascículos do Luar

Poderanse mercar os números 1 e 2 o próximo luns nos kioskos e librerías de todo o país e traerá, de regalo, un pelo do Gayoso.  O exitoso programa da TVG estará nos kioskos de toda Galiza para o deleite dos seus milleiros de seguidores. As 22 tempadas e todos os programas completos e especiais de…

Allariz utilizará un hipopótamo na próxima Festa do Boi

A próxima Festa do Boi en Allariz contará cun hipopótamo que percorrerá as calles da vila alaricana. A asociación cultural Xan de Arzúa, entidade que se encarga da organización da Festa do Boi, anunciou que para o ano próximo contarán cun hipopótamo que correrá pola rúas da vila e fará as delicias de turistas e…

O PP asume o manifesto Nacho Vidal: Foderannos a todos

O manifesto de Nacho Vidal, actor porno e participante de reality shows televisivos, está a causar furor nas redes e na sede do Partido Popular. Segundo puido saber este medio, o partido liderado por Mariano Rajoy vai aproveitar o tirón mediático que está a ter nas redes sociais o manifesto que o actor de películas…

Beiras baixa do Monte Pindo coas táboas da lei da unidade da esquerda

O líder de Anova, Xosé Manuel Beiras, atopábase de retiro espiritual no Monte Pindo escribindo o discurso para o próximo 25 de xullo. Un discurso que foi gravado en pedra, polos dous lados, e que pola súa importancia foi titulado como ‘Lei da Unidade da Esquerda’. Segundo afirman fontes presenciais cando baixou do monte atopou os…

O PP contratará ao ‘Señor Lobo’ para desfacerse dos seus cadáveres políticos

‘Non empecemos a chuparnos as pirolas aínda’, dixo o Señor Lobo antes de proceder a limpeza despois da desfeita popular nas municipais e autonómicas. No Partido Popular están dispostos a soltar lastre e vano facer profesionalmente. Segundo fontes próximas ao partido, os populares van recorrer a un profesional cualificado para desfacerse de todos os cadáveres…

COB e Breogán disputaranse o ascenso e a titularidade dos Peares

Feijoo di non estar de acordo porque ‘Los Peares son míos’ O COB e o Breogán disputarán moito máis que un partido este martes día 2 de xuño. A parte do ansiado ascenso á Liga ACB de baloncesto o partido dirimirá, dunha vez por todas a que provincia pertencer o pobo dos Peares. O núcleo…

Dispáranse os prezos das destrutoras de papel despois das municipais

Unha alta demanda procedente de concellos do Partido Popular fai que o seu prezo se multiplique  Segundo informan fontes da patronal de papelerías e aparatos de oficina, a demanda de destrutoras de papel aumentou espectacularmente ata o punto de que o seu prezo disparouse e o stock xa escasea. De feito hai quen informa xa que…

Rajoy mírase nun espello e ve ‘un español que no hace cosas’

O presidente do Partido Popular en Castela e León, Juan Vicente Herrera,  dixolle onte a modo de consello a Mariano Rajoy que se irara nun espello e que se respondera a si mesmo para ver se tiña méritos para ser candidato. Segundo informan fontes da Moncloa o presidente, que é mo mandadiño, foi correndo ata a…

Abel Caballero coloca outro dinosaurio en Vigo

O seu amor polas cousas pleistocénicas podería ser obxecto dun estudo Abel Caballero colocou hoxe por sorpresa outro dinosaurio nunha rotonda ao que hai que sumar o colocado onte na rúa Rosalía de Castro. A teima que ten Abel Caballera con poñer cousas nas rotondas foi comentado por moitos veciñas e veciños da cidade olívica…

Jesús Vázquez novo sucesor de Mayra Gómez Kemp no 1, 2, 3

Unha productora estuda repoñer o programa co exconselleiro como presentador TVE podería volver a introducir na súa parrilla televisiva o exitoso programa dos oitenta ‘1, 2, 3’ e segundo se filtrou onte a equipa de cásting que está a organizar o plantel de artistas podería considerar a contratación de Jesús Vázquez, exconselleiro de Educación da…