Sociedade

Jesús Vázquez novo sucesor de Mayra Gómez Kemp no 1, 2, 3


Unha productora estuda repoñer o programa co exconselleiro como presentador

Jesus Vázquez 1,2,3

Imaxe que difundiu a productora para o posible reestreno do 1, 2, 3

TVE podería volver a introducir na súa parrilla televisiva o exitoso programa dos oitenta ‘1, 2, 3’ e segundo se filtrou onte a equipa de cásting que está a organizar o plantel de artistas podería considerar a contratación de Jesús Vázquez, exconselleiro de Educación da Xunta de Galicia como o próximo sucesor de Mayra Gómez Kemp no programa.

Os encargados do casting valoran que, se non acada a alcaldía de Ourense, Vázquez podería no amosar interese ningún en estar na oposición polo que lle van ofrecer un contrato como presentador.

Segundo transcendeu a idea xurdiu despois de ver as imaxes que o candidato do Partido Popular está a utilizar na súa campaña que lle lembraron a épocas pretéritas cando aínda se emitía o programa nos anos oitenta.

A produtora tamén valora a contratación de Rodrigo Rato, Cristóbal Montoro e Luis de Guindos como os supertacañones aproveitando a imaxe que deixaron no imaxinario colectivo tras unha lexislatura de austeridade.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.