Cultura

Allariz utilizará un hipopótamo na próxima Festa do Boi


A próxima Festa do Boi en Allariz contará cun hipopótamo que percorrerá as calles da vila alaricana.

Xogo de mesa infantil da Festa do Boi

Xogo de mesa infantil da Festa do Boi

A asociación cultural Xan de Arzúa, entidade que se encarga da organización da Festa do Boi, anunciou que para o ano próximo contarán cun hipopótamo que correrá pola rúas da vila e fará as delicias de turistas e habitantes de Allariz.

‘Queremos innovar un pouco a festa polo que imos traer un animal convidado todos os anos. O ano próximo será un hipopótamo e, en anos posteriores, trataremos de traer un crocodilo, un canguro ou un ornitorrinco, comenta o voceiro da asociación cultural. A asociación avanzou que xa realizaron unha proba cun balance positivo. Soamente un neno de tres anos foi engulido polo animal e foi regurxitado enteiro sen que se lle apreciaran lesións de importancia.

As conversas xa están avanzadas co alcalde na vila, o nacionalista Francisco García, e fontes achegadas á alcaldía ven ben esta nova etapa da festa e máis despois da accidentada última edición. ‘Pode atraer moito máis turismo e os artesáns e tendas de outlet poden diversificar a oferta de merchandasing da festa’, comentaron, aínda que puntualizaron que ‘o do ornitorrinco non o acabamos de ver’.

O movemento ‘Galiza, mellor sen touradas’ tamén amosou a súa satisfacción polo cambio dun boi por un hipopótamo e nun breve comunicado instaron a Lores a que a praza de Pontevedra se utilice con hipopótamos en lugar de touros.

hipopotamo festa do boi

Proba do hipopótamo en Allariz

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.