O seu amor polas cousas pleistocénicas podería ser obxecto dun estudo
Abel Caballero colocou hoxe por sorpresa outro dinosaurio nunha rotonda ao que hai que sumar o colocado onte na rúa Rosalía de Castro. A teima que ten Abel Caballera con poñer cousas nas rotondas foi comentado por moitos veciñas e veciños da cidade olívica aos que non lles gustou nada a nova ocorrencia do rexedor.
Pola súa banda a oposición demandou que a Universidade de Vigo fixera un estudo polos gustos pleistocénicos do alcalde: ‘Xa salvou a cruz franquista do castro e agora nos ven con isto. Demandamos que a Universidade de Vigo estude o caso’.
O Comité en defensa da memoria histórica denunciou que a cruz franquista xa é suficiente para cubrir as demandas do facherío vigués e demandou que se retiren os dinosaurios das rotondas.
Pola súa banda, Steven Spielberg xa amosou o seu interese polo dinosaurio colocado en Vigo para incluílo na nova entrega de Parque Xurásico 4.