Actualidade

Rajoy mírase nun espello e ve ‘un español que no hace cosas’


O presidente do Partido Popular en Castela e León, Juan Vicente Herrera,  dixolle onte a modo de consello a Mariano Rajoy que se irara nun espello e que se respondera a si mesmo para ver se tiña méritos para ser candidato.

rajoySegundo informan fontes da Moncloa o presidente, que é mo mandadiño, foi correndo ata a habitación para mirarse no espello do vestidor. As mesmas fontes informan que non se recoñeceu no espello xa que segundo as súas palabras alí soamente había ‘un español que no hace cosas’.

Ante tal reflexión, un colaborador que estaba presente na sala non puido evitar exclamar ‘Y ya tal!’ polo que foi despedido en diferido cunha cuantiosa indemnización.

Pola súa banda, a equipa de imaxe do Partido Popular de Galicia apresurouse a montar unha performance con Alberto Núñez Feijoo bailando o ‘aserejé’ para, segundo dixeron, ‘mostrales a los españoles que nuestro líder sí sabe hacer cosas’.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.