A secuela de V de Vendetta terá o epicentro da súa trama en Galiza. Jason Statham, o actor coñecido por filmes como Transporter ou Snatch, porcos e diamantes, foi o escollido despois de meses de casting para protagonizar a secuela da exitosa película V de Vendetta. Esta secuela, V de Villares, que será rodada no…
Etiqueta: feijoo
Feijoo sobre a pseudo-caixa finlandesa: ‘Vamos a incluír más pañales porque, si ganamos, os vais a cagar’
O Partido Popular apura as súas promesas electorais e indica que ampliará a caixa benvida con máis cueiros xa que segundo dixo “si gananos, os vais a cagar”. O PP está a subir a intensidade da súa campaña con máis promesas. Agora tócalle ao turno á caixa benvida que lanzou como unha mala imitación da…
O PP plantéxase contratar buses londinenses para profesionalizar a carretaxe
Estarián a disposición de asilos, monxas, curas e caciques de todo o país. As recentes imputacións no PP galego polas denuncias de carretaxe en Lugo está a facer mover ficha ao partido que goberna a maioría dos concellos galegos. Segundo fontes confidenciais chegadas ao noso medio, o Partido Popular está a plantexar profesionalizar a carretaxe…
A TVG organizará un debate a dous entre Feijoo e unha ameba para ver se así o gaña
Despois da malleira que levou Feijoo no debate de onte na TVG a canle reacciona e organizará un debate a dous entre o candidato do Partido Popular e unha ameba para darlle facilidades ao presidente. O debate electoral a cinco celebrado onte entre os principais candidatos á presidencia da Xunta saldouse cunha extrepitosa derrota de…
O PP promete promesas electorais
Feijoo acaba de presentar o programa definitivo da súa campaña e a medida estrela vai ser prometer promesas electorais. Onte tivo lugar a rolda de prensa na que o Partido Popular amosou a súa estratexia de campaña. Nela, Miguel Tellado e Rueda anticiparon a táctica dos populares para manter a Xunta: as promesas. Deste xeito…
Compostelán acaba o Pokemon Go tras pasar a tarde diante da sede do PP
Un rapaz compostelán batiu todos os records coñecidos do coñecido xogo de Nintendo ao capturar todos os Pokemons do xogo nunha soa tarde. O fito aconteceu este domingo cando Xurxo T.B. estaba aburrido na casa e decidiu pasar a tarde xogando ao Pokemon Go. Achegouse ata a rúa Alfredo Brañas e alí comezou a patida do…
A Semana Verde presenta unha tenreira que sabe a porco
A Semana Verde que se acaba de clausurar en Silleda acaba de presentar ao mundo a primeira vaca que dará carne de porco. Trátase dun experimento de transxénese que fará posible que a carne das vacas saiba como a de porco. A equipa investigadora que realizou o experimento compareceu na tarde de onte para explicalo durante…
O PP arrebata a Bulgaria o record Guinness de congresos a dedo
O xurado do Libro Guinness dos Records acaba de desbancar a Bulgaria do posto nº 1 do podio de congresos a dedo e acaba de designar ao novo rei desta modalidade: O Partido Popular de Galicia. O Congreso do PPdeG onde Alberto Núñez Feijoo acadou o 97,8% decantou aos xuíces de Guinness que encaramaron ao…
Sete consellos para que che sexa máis levadeiro que Feijoo continue ata outubro
Foron moitas as crises de ansiedade que se viron durante a mañá de onte cando Feijoo anunciou que non ía adiantar as eleccións e que, polo tanto, estaría 6 meses máis de presidente da Xunta de Galiza. Para paliar os efectos desagradables que este tipo de noticias poidan causas á saúde dos nosos lectores ofrecemos…
A TVG seguirá a censurar cancións ata que escampe o tema dos paraísos fiscais
A polémica está servida despois de que a Televisión de Galicia censurara uns segundos da canción dunha canción no programa Musigalité na que se criticaba ao Partido Popular. Segundo explicaron fontes próximas á canle autonómica a medida tomada contra a canción do grupo Ataque Escampe á que se lle censurou unha parte da letra que dicía “Isto…
EnMarea consternada pola decisión de CxG de presentarse por separado
‘So nos faltaría que Cerna tampouco quixera vir con nós’ aseguran desde En Marea. A decisión tomada pola Convención Nacional de Compromiso por Galicia colleu por sorpresa á coalición formada por Anova, Esquerda Unida e Podemos, e apoiada por algunhas das candidaturas municipais do pasado maio. Compromiso decidía por un porcentaxe do 71% constituírse como…
Mario, sé fuerte
Mario Conde e Alberto Nuñez Feijóo intercambiaron saúdos no día de onte, cando o exbanqueiro pasaba nun coche policial detido na cidade de Compostela. O saúdo, segundo fontes de TemposGalegos, teríase dado por parte do presidente galego, a grito pelao no medio dunha transitada rúa do barrio de San Pedro, onde Feijóo inauguraba un adoquín. Tal e…
