Un rapaz compostelán batiu todos os records coñecidos do coñecido xogo de Nintendo ao capturar todos os Pokemons do xogo nunha soa tarde.
O fito aconteceu este domingo cando Xurxo T.B. estaba aburrido na casa e decidiu pasar a tarde xogando ao Pokemon Go. Achegouse ata a rúa Alfredo Brañas e alí comezou a patida do record.
En soamente 5 horas capturou todos os Pokemos do xogo incluíndo á Pokemon femia Prado que é bastante rara de atopar segundo indican os fans do xogo.
O nivel amosado polo rapaz foi tal que incluso capturou un Pokemon que non estaba catalogado nin por Nintendo: un pikachu Dorado que ía nunha pequena embarcación de recreo.
Tal foi o nivel de destreza que amosou Xurxo que alcanzou un nivel de puntuación nunca visto e que lle valeu para alcanzar o rango Pilar de Lara nivel non alcanzado sequera polos xogadores coreanos que botan 48 horas seguidas a xogar no título de Nintendo.