Sociedade

O PP plantéxase contratar buses londinenses para profesionalizar a carretaxe


Estarián a disposición de asilos, monxas, curas e caciques de todo o país.

As recentes imputacións no PP galego polas denuncias de carretaxe en Lugo está a facer mover ficha ao partido que goberna a maioría dos concellos galegos.

Segundo fontes confidenciais chegadas ao noso medio, o Partido Popular está a plantexar profesionalizar a carretaxe para evitar imputacións dos seus cargos máis relevantes.  Desta forma a idea é pasar do taxi de pobo ao bus londinense que lle permitiría aos populares levar moita máis xente nunha soa viaxe. Segundo se nos avanzou a viaxe estaría amenizada con música de Juan Pardo e con reposicións de Ana Kiro no Luar.carretar carretarei carretaxe pp

Mozos de Nuevas Degeneraciones posan co 'Carretador 2000' adaptado ao despoboamento rural

Mozos de Nuevas Degeneraciones posan co ‘Carretador 2000’ adaptado ao despoboamento rural

“Las monjitas se cansan de hacer un montón de viajes con los viejos”, comentan. “Con esta tecnología podrán hacerlo de una sola vez, gracias a dios y al PP”, engaden.

Para complementar a macrocarretaxe o departamento de I+D+i popular tamén está a desenvolver un modelo de menor tamaño e moita maior mobilidade adaptado ao despoboamento no rural.

“Si toca pringar, mejor que le toque a un membrillo de esos que tenemos por las aldeas que para eso les damos plazas en las diputaciones y en los concellos”, declararon fontes que prefiren manterse no anonimato.

 

 

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s