Cultura

Jason Statham protagonizará V de Villares


A secuela de V de Vendetta terá o epicentro da súa trama en Galiza.

villares

Fotograma filtrado do filme

Jason Statham, o actor coñecido por filmes como Transporter ou Snatch, porcos e diamantes, foi o escollido despois de meses de casting para protagonizar a secuela da exitosa película V de Vendetta.

Esta secuela, V de Villares, que será rodada no país, versará sobre a intrahistoria dun un xuíz que decide plantar cara ao sistema de todas as maneiras posíbeis. Statham, que nos ten acostumados a filmes de acción sen control, non será menos nesta entrega na que as armas e os disparos non se botarán de menos.

villaresvPolo que puidemos saber polas diferentes filtracións, son varias as referencias ao panorama político galego e as tramas de corrupción e de narcotráfico residentes na mesma. Especúlase incluso que o antagonista a Statham podería ser o amigo de Alberto Núñez Feijóo, Marcial Dorado, centrando a historia no propio tráfico de drogas no país, e os fíos que o unen á política galega.

Segundo trascende en diversas webs especializadas, outra das temáticas de V de Villares podería ser a trata de brancas e a explotación e acoso sexual na política do interior galego. O intercambio de sexo por traballo por parte baróns da política galega será combatido por Statham a base de tiros e miradas de odio e noxo.

Queda por ver agora cando se lanzará o filme, o cal podería ser durante o próximo ano 2017.

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.