Política

A TVG organizará un debate a dous entre Feijoo e unha ameba para ver se así o gaña


Despois da malleira que levou Feijoo no debate de onte na TVG a canle reacciona e organizará un debate a dous entre o candidato do Partido Popular e unha ameba para darlle facilidades ao presidente.

debate-ameba-feijooO debate electoral a cinco celebrado onte entre os principais candidatos á presidencia da Xunta saldouse cunha extrepitosa derrota de Alberto Núñez Feijoo que foi vapuleado polos seus rivais electorais.

Os datos ofrecidos polo candidato do PP, fantasiosos e cociñados, foron contestados polos candidatos de En Marea, BNG e PSOE que desmontaron os datos ilusorios do actual presidente.

Fontes próximas ao comité de campaña do Partido Popular indicaron que as altas esferas dos conservadores xa cursaron unha queixa á TVG por permitir que deixaran en evidencia a Feijoo e solicitando actuación para recuperar o seu crédito. Deste xeito esixiron un debate a dous na canle pública entre Alberto Núñez Feijoo e unha ameba ou un protozoo para que o presidente poida gañar con claridade o debate.

“Mientras la ameba no agite enérgicamente los pseudópodos pensamos que todo irá bien”, indican fontes de campaña do PP. “Si acaso esto ocurre y Feijoo no da salido del paso aprovecharemos que las amebas no hablan para subtitularla con mensajes de apoyo a Feijoo”, engadiron.

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.