Actualidade

Mario, sé fuerte


Mario Conde e Alberto Nuñez Feijóo intercambiaron saúdos no día de onte, cando o exbanqueiro pasaba nun coche policial detido na cidade de Compostela. 

O saúdo, segundo fontes de TemposGalegos, teríase dado por parte do presidente galego, a grito pelao no medio dunha transitada rúa do barrio de San Pedro, onde Feijóo inauguraba un adoquín. Tal e como podemos confirmar a día de hoxe a relación de Feijóo e Mario Conde remotaríase moitos anos atrás, e poderían estar directamente vinculados ao seu tamén amigo Marcial Dorado.

A relación entre os dous primeiros comezou a fraguarse durante os anos 90, cando ámbolos dous eran compis yoguis na cidade de Madrid, onde o agora presidente ostentaba o cargo de presidente executivo do Insalud. Nesta mesma época Marcial tería convidado a viaxes á neve tanto a Mario como a Feijóo, dos que existen a día de hoxe algunhas fotos para confirmalo.

Feijóo, Mario Conde e Marcial Dorado posan diante do barco do segundo, o "Español".

Feijóo, Mario Conde e Marcial Dorado posan diante do barco do segundo, o “Español”.

Xa recentemente Mario Conde, Feijóo e Marcial teríanse reencontrado para navegar nun dos barcos propiedade de Mario Conde, o cal, segundo afirmaba non fora pagado con diñeiro roubado de Banesto. Especúlase agora que o barco ademais de pagado con cartos de dubidosa procedencia puidera ter sido mercado en “b”.

A raíz do testimonio de varias persoas presentes no momento do “Mario, sé fuerte”, o aludido botouse a chorar desconsoladamente, seguramente ao rememorar momentos pasados e mellores.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.