As manifestacións ocuparon o centro de todas as cidades e vilas galegas. Máis de 20mil persoas saíron ás rúas do país para protestar contra a xestión incendiaria da Xunta de Galiza e pedir que o Goberno do Estado aplique o artigo 155 da Constitución Española na nosa terra. As galegas e galegos queimados polos incendios…
Etiqueta: feijoo
Feijóo fala máis de Cataluña que de Galiza no Debate sobre o Estado da Nación Galega
O presidente, que entrou en bucle co soberanismo catalán esqueceu por completo nomear as súas propostas para Galiza. O debate sobre o Estado da Nación do día de onte discorreu con relativa normalidade ate o peche de micrófono na intervención do presidente galego, Alberto Núñez Feijóo. O tempo pareceu collelo desprevido e rematou antes de…
A Xunta obrigará aos buses dos enterros a que recollan viaxeiros entre localidades
Feijóo asegura que é unha solución novidosa e que axudará a vertebrar Galiza de norte a sur. A Xunta autorizou no día de onte a integración do servizo de autobuses fúnebres e o transporte regular de viaxeiros. A partir de setembro aproveitaranse as prazas libres nos autocares que trasladan á xente aos enterros para que poidan…
A Xunta festexará o día das Letras o 15 de maio para non contradecir ao presidente
O executivo decide trocar o Día das Letras Galegas despois de que Feijóo dixera que este era o 15 de maio. O ano 2017 pasará a historia da literatura galega como o ano no que se trocou a súa festividade que pasa do 17 de maio ao día 15. A razón deste cambio reside no…
Abandona o PP o único militante que non estaba nunha trama
O militante, que non estaba sendo investigado en ningunha trama, abandona o partido falto de non ter temas de conversación co resto dos militantes. JCC, militante popular de base, ven de anunciar que solicitou a baixa no Partido Popular xa que era o único que non estaba involucrado nuntra trama. Segundo explicaron fontes próximas sentíase…
Nace Alberto II, futuro presidente da Xunta
Agárdase que cumpra coa tradición popular de herdar os cargos institucionais do seu proxenitor. O fillo de Alberto Núñez Feijoo naceu onte nunha clínica privada da Coruña a pesar de que o presidente da Xunta dixera en campaña que “el mejor sitio para parir era un hospital público”. “Nosotros no hacemos distinción entre público y…
Feijóo sóbese o soldo porque “agora ten que soportar a máis perroflautas”
Miguel Tellado, voceiro do PPdeG explicou á prensa á subida de soldo de Feijóo e os seus conselleiros. A subida de soldo dos membros do goberno da Xunta de Galiza, ten segundo o voceiro do PP de Galicia, unha explicación razoábel e cuantificábel. A entrada no Parlamento de Galiza de máis “perroflautas” dos que ate…
Canadá construirá un muro para evitar que os estadounidenses que fuxan de Trump poidan cruzar ilegalmente
Terá de 10 a 15 metros, cubrirá toda a fronteira entre Canadá e Estados Unidos e obrigará aos estadounidenses a pagalo. O primeiro ministro canadense Justin Trudeau anunciou a construcción dun muro despois de que moitos cidadáns norteamericanos que anunciaran que emigrarían a Canadá tras a victoria de Donald Trump nas eleccións presidenciais en Estados Unidos….
As casas de apostas desbordadas ante a incógnita do novo goberno de Rajoy
Ante as dúbidas que suscita a composición da nova equipa de goberno de Rajoy, as casas de apostas colpasan pola enorme cantidade de variables. As puxas online veñen de subir un incremento so comparábel a grandes citas deportivas como as finais da Champions League, mundial de fútbol ou sobre se a Bisbal fixo a cobra a…
Feijóo cantará no Luar na súa xira polos programas da TVG.
A canción será unha versión da canción de Julio Iglesias “Un canto a Galicia” e o presidente estará acompañado polo artista vigués Tony Lomba. A xira, que comezou o pasado mércores no programa LandRober, incluirá tódolos programas emblemáticos da televisión pública galega, sendo o debut musical do presidente o punto álxido da mesma. “Grazas a…
Iker Jiménez viaxará a Galiza para investigar quen vota o PP
O presentador de cuarto milenio desprazarase ao noso país para tratar de desvelar o misterio que envolve os votos ao Partido Popular xa que todo o mundo nega telos votado pero conseguen maiorías absolutas. Á señora Lorinda aparecéronselle unhas siluetas de Feijoo na cociña ao estilo das caras de Bélmez. O fenómeno aconteceu nas Pereiras,…
Feijóo: “A democracia é unha merda”
Alberto Núñez Feijóo recíbenos no seu despacho de Monte Pío. Está sentado diante da súa mesa e sobre a cabeza ten pendurado un cadro de Manuel Fraga Iribarne posando coma Atlas, espido e co mundo sobre os seus ombreiros. Arrepiado pola imaxe, decátome de que o presidente ten a mirada fixa nun libro. Parece concentrado…
