O militante, que non estaba sendo investigado en ningunha trama, abandona o partido falto de non ter temas de conversación co resto dos militantes.
JCC, militante popular de base, ven de anunciar que solicitou a baixa no Partido Popular xa que era o único que non estaba involucrado nuntra trama. Segundo explicaron fontes próximas sentíase discriminado porque os seus compañeiros nunca o invitaba a ir con eles e ademais era o único do partido que seguía pagando a cota de afiliación con cartos procedentes do seu salario. As mesmas fontes explicaron que JCC aínda ten inqueitude política e podería darse de alta en Ciudadanos, Vox ou quizáis no PSOE se é que gaña Susana Díaz. Mentres o decide manterá o seu activismo escribindo en ForoCoches e producirá comentarios en La Razón, OK Diario e Libertad Digital.
Fontes do PP non quixeron facer valoracións pola baixa se ben aclararon que cando Esperanza Aguirre coñeceu a noticia botouse a chorar.