Galicia limitará ao sur con Portugal, ao leste con España e no centro con Malaisia
Economía

Galicia limitará ao sur con Portugal, ao leste con España e no centro con Malaisia

O goberno de Malasia, a través do seu fondo de inversións, acaba de mercar a Bankia o 66% da autopista Santiago-Dozón. Bankia e FCC acaban de comunicar á Comisión Nacional do Mercado de Valores a venda, por máis de 400 millóns de euros, da empresa Golbalvía Infraestructura, SA que é posuidora, entre outras infraestruturas do … Seguir lendo

A Coruña e Santiago temen a chegada dunha praga bíblica
Sociedade

A Coruña e Santiago temen a chegada dunha praga bíblica

Ourense libraríase porque o seu rexedor acudiu á ofrenda deste domingo.  A negativa de Martiño Noriega e Xulio Ferreiro a non acudir á ofrenda ao Santísimo Sacramento pode espertar a ira divina. Así se manifestan varios sacerdotes consultados por esta redacción e que indican que deus podería volver ao seu carácter do antigo testamento debido a … Seguir lendo

Agustín Hernández súmase á moda hipster para alcanzar un espectro máis grande de electorado
Política

Agustín Hernández súmase á moda hipster para alcanzar un espectro máis grande de electorado

O alcalde de Compostela e candidato a revalidar o cargo por parte do Partido Popular realiza un cambio de look para achegarse a un electorado moderno e urbanita. Os apretados resultados dos sondeos publicados na fin de semana así como a perspectiva electoral dunha candidatura cidadá forte na capital fan que nos últimos días o … Seguir lendo

O único afiliado do PP de Compostela que aínda non foi concelleiro agarda pola súa oportunidade
Política

O único afiliado do PP de Compostela que aínda non foi concelleiro agarda pola súa oportunidade

“Aún quedan 6 meses; todavía conservo la esperanza de que me llamen para alcalde”. Estas eran as palabras de José Juan, o único afiliado do Partido Popular de Compostela que aínda non pasou polo concello como membro da corporación santiaguesa. Os continuos vaivenes de concelleiros populares na capital galega, debidos en gran parte a meter man … Seguir lendo

Un magosto popular asará 10 concelleiros envoltos en papel Albal
Cultura

Un magosto popular asará 10 concelleiros envoltos en papel Albal

“Si haberá pan para tanto chourizo”, apuntan dende a organización A asociación Carnelao e a Plataforma Santiago de Corruptela organizarán conxuntamente este martes en Compostela un magosto popular no que o menú principal serán 10 concelleiros xunto coas tradicionais castañas, viño e licor café. O lema desta peculiar celebración do San Martiño será “Pápaos antes de … Seguir lendo

Militantes de Anova disporán dun afiador ás portas da súa Asemblea Nacional
Política

Militantes de Anova disporán dun afiador ás portas da súa Asemblea Nacional

A formación porá un afiador á disposición da súa militancia A II Asemblea Nacional de Anova-Irmandade Nacionalista prevese tensa e, para ‘facilitar’ os acordos, a formación porá un afiador á porta do Pazo de Congresos e Exposición de Santiago de Compostela, lugar onde se celebrará a asemblea, para que todo o mundo poida ter as … Seguir lendo

Fomento pechará as estradas galegas en casos de choiva ou néboa
Actualidade

Fomento pechará as estradas galegas en casos de choiva ou néboa

Ante os últimos sucesos acaecidos na Autoestrada do Cantábrico, A-8, na que tras un accidente en cadea falecía unha muller e máis de 40 persoas resultaban feridas, o Ministerio de Fomento decidiu que con condicións meteorolóxicas adversas é convinte pechar as estradas galegas ao tráfico rodado. A actual ministra, Ana Pastor, explicaba en rolda de prensa que o goberno … Seguir lendo

Conde Roa liderará unha candidatura de unidade Popular en Compostela
Política

Conde Roa liderará unha candidatura de unidade Popular en Compostela

Unha nova plataforma nacida en Compostela pretende unificar a dereita que a día de hoxe se atopa apartada do Partido Popular por diversos procesos xudiciais. Na tarde de onte presentábase en Compsotela o novo proxecto de unidade popular, un proxecto de dereitas encamiñado a rexir a cidade no próximo período municipal. Imitando os procesos de … Seguir lendo

Trillizos “non natos” entre os novos afiliados do PSOE santiagués
Política

Trillizos “non natos” entre os novos afiliados do PSOE santiagués

O proceso de investigación levado a cabo pola dirección provincial comeza a dar os seus froitos. Así a secretaria de Organización do PSdeG-PSOE estaría en disposición de afirmar que a agrupación da capital galega falseou datos para lograr un incremento da afiliación de 292 novos militantes. Pilar Cancela afirmaba que ademais dos pisos “patera” nos … Seguir lendo