O proceso de investigación levado a cabo pola dirección provincial comeza a dar os seus froitos.

Ecografía 3D dos novos militantes.
Así a secretaria de Organización do PSdeG-PSOE estaría en disposición de afirmar que a agrupación da capital galega falseou datos para lograr un incremento da afiliación de 292 novos militantes.
Pilar Cancela afirmaba que ademais dos pisos “patera” nos cales se acumulan os novos afiliados, un feito insólito foi atopado, e é a afiliación duns trillizos non natos, e nos que a nai sairá de contas a finais de este mes de xuño.
Cuestionados por este caso, tanto o portavoz municipal Francisco Reyes, como a concelleira Mercedes Rosón coincidían en afirmar que “é unha alegría que os nosos e as nosas simpatizantes den o paso a militar, é máis, xa podían ser mil!”, en canto ao caso dos trillizos Rosón afirmaba que “é un feito normal que se fagan socios de clubes de fútbol a nenos recén nacidos ou que van a nacer en breves, porque non afilialos ao PSOE e que crezan desde pequenos cuns valores coma os nosos”.
Tanto desde a executiva provincial, como desde autonómica e a federal, estableceron como límite finais desta semana para aclarar todo este asunto, de non ser así, avisan “a isto podemos xogar todos e temos moitos Troskis aos que afiliar” en clara referencia ao nome de can común en Galiza.