O alcalde de Compostela e candidato a revalidar o cargo por parte do Partido Popular realiza un cambio de look para achegarse a un electorado moderno e urbanita.

Foto de Agustín Hernández co seu novo look.
Os apretados resultados dos sondeos publicados na fin de semana así como a perspectiva electoral dunha candidatura cidadá forte na capital fan que nos últimos días o Partido Popular tivera que intensificar a campaña e tentar mobilizar o voto mozo.
O comité de campaña dos populares tería incidido varias veces na necesidade dun cambio de look do seu candidato, Agustín Hernández, que xa no seu momento decidira pasar do rasurado a unha barba recortada. Máis desta volta as necesidades son distintas e as recomendacións dos asesores do PP pasaban por canalizar o voto do segmento urbanita denominado como ‘Hipster’, incluso indo máis alá e achégandose ao ‘Lumbersexual’ para tentar asi canalizar tamén un voto periurbano que se poidera sentir atraído pola vestimenta do exconselleiro.
Unha frondosa barba, tinxida de negro, camisa a cadros e aspecto de leñador son as características máis salientábeis do novo look de Hernández o cal, nos últimos días, tería ser visto incluso paseando cun galgo polo casco vello compostelán.
Deste xeito onte filtrábase unha imaxe que se prevee sexa unha das utilizadas en campaña na que podemos ver a Agustín, cun bosque ao fondo, e mirando cara o horizonte. Chama a atención unha mochila cargada ao ombreiro que pretende dar un toque de frescura e xuventude.