Ante os últimos sucesos acaecidos na Autoestrada do Cantábrico, A-8, na que tras un accidente en cadea falecía unha muller e máis de 40 persoas resultaban feridas, o Ministerio de Fomento decidiu que con condicións meteorolóxicas adversas é convinte pechar as estradas galegas ao tráfico rodado.

Coche con néboa
A actual ministra, Ana Pastor, explicaba en rolda de prensa que o goberno non pode expor a vida das persoas a este tipo de accidentes, polo que en caso de choiva, neve ou néboa as estradas da comunidade galega deben ser cortadas. “El accidente ocurrido en la A-8 no se debe a ningún tipo de deficiencia viaria, sino a complicaciones meteorológicas ante las cuales no podemos actuar, de momento” asegurou a ministra.
“Este cambio de normativa viaria reducirá el número de accidentes, al mismo tiempo que les damos trabajo a Meteogalicia, que los pobres no trabajan mucho” comentou Ana Pastor.
As repercusións non se fixeron esperar, e polo pronto, nas zonas máis pluviosas de Galiza como Compostela ou Cuntis, o interese pola merca de burros, carros e derivados para o transporte animal están a sufrir un repunte significativo.
Por outra banda a ANCUR(Asociación de Nenas da Curva) mostrouse moi crítica ante a nova normativa gobernamental, a cal reducirá, a priori, o seus cometidos espectrais ao longo do país, debido a ausencia de desprazamentos en días e noites de néboa.