Política

Militantes de Anova disporán dun afiador ás portas da súa Asemblea Nacional


A formación porá un afiador á disposición da súa militancia

A II Asemblea Nacional de Anova-Irmandade Nacionalista prevese tensa e, para ‘facilitar’ os acordos, a formación porá un afiador á porta do Pazo de Congresos e Exposición de Santiago de Compostela, lugar onde se celebrará a asemblea, para que todo o mundo poida ter as súas armas nas mellores condicións posíbeis.

“Trátase dunha decisión en prol da transparencia”, declaran dende a formación. Preguntados polos medios sobre se a asemblea vai ser das de ‘coitelo nos dentes’ dende a formación nacionalista responden que “a asemblea pode ser tensa, incluso pode haber loita pero o afiador tamén está aí para cumprir a función social de quen se queira facer o harakiri“.

Fontes non oficiais apuntan a que Mariano Abalo irá vestido de ninja mentres que Mario L. Rico utilizará un traxe amarelo como o que fixo famoso Uma Thurman na película de Quentin Tarantino Kill Bill. Non transcendeu nada sobre a vestimenta de Beiras e, polas últimas informacións que chegaron a esta redacción, sospéitase que Martiño Noriega levará sombreiro.

afiador asemblea anova

One thought on “Militantes de Anova disporán dun afiador ás portas da súa Asemblea Nacional

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.