A diócese de Santiago de Compostela está substituíndo, en secreto, un dos campanarios da catedral por un hotel de luxo
Segundo transcendeu no día de onte a diócese está a construír un hotel de luxo nunha das torres da catedral para dar hospedaxe de luxo a peregrinos e famosos.
Aproveitando que o campanario estaba cuberto para realizar unhas supostas obras de rehabilitación a diócese compostelá comezou a substituír as centenarias pedras polo aceiro e o cristal que conformarán o novo hotel de cinco estrelas que ocupará o seu lugar.
O novo hotel contará con suites de superluxo de varios centos de metros cadrados con jacuzzi, piscina e capilla propia con un minibotafumeiro robotizado.
Milagre
Pola súa banda a Diócese e a Conferencia Episcopal atribuíron a un “milagro” a conversión da torre nun hotel. “Tiene que ser obra divina. Un milagro. Nosotros no sabíamos nada. Hasta ayer estaba la torre aí y, hoy, tenemos un hotel a medio construír”
Críticas
Asociacións culturais da cidade xa manifestaron as súas críticas ao proxecto mentres que o alcalde da capital de Galicia e a voceira do PPdeG xa amosaron o seu apoio ao proxecto. Pola súa banda, expertos e profesores do grado en feísmo da Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña criticaron a pouca utilización de uralita e bloque de cemento.
Pingback: A diócese planea substituír unha torre da Catedral de Santiago por un hotel de luxo