Ourense libraríase porque o seu rexedor acudiu á ofrenda deste domingo. A negativa de Martiño Noriega e Xulio Ferreiro a non acudir á ofrenda ao Santísimo Sacramento pode espertar a ira divina. Así se manifestan varios sacerdotes consultados por esta redacción e que indican que deus podería volver ao seu carácter do antigo testamento debido a…
Etiqueta: Compostela
Agustín Hernández súmase á moda hipster para alcanzar un espectro máis grande de electorado
O alcalde de Compostela e candidato a revalidar o cargo por parte do Partido Popular realiza un cambio de look para achegarse a un electorado moderno e urbanita. Os apretados resultados dos sondeos publicados na fin de semana así como a perspectiva electoral dunha candidatura cidadá forte na capital fan que nos últimos días o…
O único afiliado do PP de Compostela que aínda non foi concelleiro agarda pola súa oportunidade
“Aún quedan 6 meses; todavía conservo la esperanza de que me llamen para alcalde”. Estas eran as palabras de José Juan, o único afiliado do Partido Popular de Compostela que aínda non pasou polo concello como membro da corporación santiaguesa. Os continuos vaivenes de concelleiros populares na capital galega, debidos en gran parte a meter man…
Un magosto popular asará 10 concelleiros envoltos en papel Albal
“Si haberá pan para tanto chourizo”, apuntan dende a organización A asociación Carnelao e a Plataforma Santiago de Corruptela organizarán conxuntamente este martes en Compostela un magosto popular no que o menú principal serán 10 concelleiros xunto coas tradicionais castañas, viño e licor café. O lema desta peculiar celebración do San Martiño será “Pápaos antes de…
Militantes de Anova disporán dun afiador ás portas da súa Asemblea Nacional
A formación porá un afiador á disposición da súa militancia A II Asemblea Nacional de Anova-Irmandade Nacionalista prevese tensa e, para ‘facilitar’ os acordos, a formación porá un afiador á porta do Pazo de Congresos e Exposición de Santiago de Compostela, lugar onde se celebrará a asemblea, para que todo o mundo poida ter as…
Fomento pechará as estradas galegas en casos de choiva ou néboa
Ante os últimos sucesos acaecidos na Autoestrada do Cantábrico, A-8, na que tras un accidente en cadea falecía unha muller e máis de 40 persoas resultaban feridas, o Ministerio de Fomento decidiu que con condicións meteorolóxicas adversas é convinte pechar as estradas galegas ao tráfico rodado. A actual ministra, Ana Pastor, explicaba en rolda de prensa que o goberno…
Conde Roa liderará unha candidatura de unidade Popular en Compostela
Unha nova plataforma nacida en Compostela pretende unificar a dereita que a día de hoxe se atopa apartada do Partido Popular por diversos procesos xudiciais. Na tarde de onte presentábase en Compsotela o novo proxecto de unidade popular, un proxecto de dereitas encamiñado a rexir a cidade no próximo período municipal. Imitando os procesos de…
Trillizos “non natos” entre os novos afiliados do PSOE santiagués
O proceso de investigación levado a cabo pola dirección provincial comeza a dar os seus froitos. Así a secretaria de Organización do PSdeG-PSOE estaría en disposición de afirmar que a agrupación da capital galega falseou datos para lograr un incremento da afiliación de 292 novos militantes. Pilar Cancela afirmaba que ademais dos pisos “patera” nos…
Agustín Hernández elixirá a Bulbasaur no comezo da súa carreira como alcalde
O alcalde de Compostela elixirá ao Pokemon de tipo planta no seu debut como mestre Pokemon alcalde da cidade de Compostela. Así o facía público na tarde-noite de onte, despois de que Ángel Currás comunicase a súa renuncia como rexedora da cidade, e que sería o conselleiro de Medio Ambiente e Infraestruturas quen o…
A diócese planea substituír unha torre da Catedral de Santiago por un hotel de luxo
A diócese de Santiago de Compostela está substituíndo, en secreto, un dos campanarios da catedral por un hotel de luxo Segundo transcendeu no día de onte a diócese está a construír un hotel de luxo nunha das torres da catedral para dar hospedaxe de luxo a peregrinos e famosos. Aproveitando que o campanario estaba cuberto para realizar…
Os lingotes de ouro atopados na casa de Conde Roa poderían pertencer ao mausoleo de Fraga
A xuíz Pilar de Lara, deixaba constancia das dúbidas de procendencia que se lle presentaban no propio sumario do caso Pokemon. Despois de saír á luz que os axentes da Vixilancia Aduaneira requisaran 4 lingotes de ouro na casa de Gerardo Conde Roa durante o rexistro que practicaron na mesma dentro do marco da Operación…
Nintendo lanza Pokemon, Corruption Edition
Novos pokemons con rolex, gindastres e xardíns perfectamente acondicionados e incluirá un novo mercado no que regalar toda clase de complementos, dende rolex ata chisqueiros A coñecida empresa nipona acaba de anunciar o lanzamento dunha nova versión especial da súa coñecida franquicia Pokemon. Segundo anunciaron nunha nota de prensa agardan obter un significativo éxito tanto…
