As primarias do PP provocan o desconcerto en membros do clero ao non ter claro cara cal dos precandidatos á presidencia do PP ten que ser o destinatario da carretaxe. Numerosos grupos de monxas, alcaldes e membros do clero de distinta pelaxe amosaban onte o seu desconcerto ao non saber a quen tiñan que ir … Seguir lendo
Tag Archives: baltar
Un estudo xenético revela que os vigueses son todos de Ourense
Científicos da USC en colaboración con universidades británicas conclúen que os habitantes de Vigo presentan os mesmos patróns xenéticos que os de Ourense Tamén atoparon nalgúns indivíduos patróns procedentes de Portugal Un grupo de investigación acaba de presentar un estudo que fala dos patróns de diferenciación xenética e as pegadas das migracións nos que a … Seguir lendo
Baltar molesto porque a Marea Atlántica poda ter máis conserxes ca el
Informacións recollidas na prensa escrita poderían estar falando do ‘sorpasso’. Baltar está enoxado, alguén ameaza o seu trono de ferro, o seu récord Guinness, o número de porteiros da súa macroinstitución provincial poderíase ver sobardado polos traballadores públicos doutra institución. Segundo se fan eco algúns xornais galegos, a Marea Atlántica, partido que goberna con puño … Seguir lendo
Baltar ficha por Los Suaves
José Manuel Baltar fará de cantante noutro sitio ademais de na Deputación de Ourense. A sorpresa no mundo do rock saltou en Ourense ao anunciar conxuntamente o grupo e a Deputación de Ourense a noticia de que José Manuel Baltar, presidente da Deputación de Ourense, será o próximo cantante dos Suaves. O mundo do rock … Seguir lendo
O temario das oposicións da Deputación de Ourense incluirá o Kamasutra
A institución provincial actualiza os temarios e materias para as prazas de emprego público. Así o confirmaba na mañá de onte o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar. Durante a rolda de prensa, na que aproveitou para falar dos seus escarceos amorosos, Baltar adiantou algunhas das que sería as liñas chave das próximas convocatorias. O … Seguir lendo
Organizan un casting para elixir a banda tributo aos Cuchufellos
Xa son numerosos os grupos e formacións interesadas en rendir homenaxe aos de Manzaneda. Despois de máis de vinte anos en activo, a banda do macizo central, os Cuchufellos dirá adeus aos escenarios despois desta última xira. É por isto que xa son varias as bandas que comezan a utilizar cancións dos Cuchufellos nos seus concertos, … Seguir lendo
Baltar protagonizará o próximo anuncio de ING: Non é infidelidade [Video no interior]
Tempos Galegos adianta, en exclusiva, o novo anuncio que poderedes ver entrando no enlace da noticia. Segundo transcendeu onte na prensa a corporación financieira holandesa fichará ao presidente da Deputación de Ourense para protagonizar a súa nova campaña de anuncios. Deste xeito acaban de anunciar que a filial de ING en España adquiriu os dereitos do affaire … Seguir lendo
Porntube emitirá os procesos selectivos da Deputación de Ourense
O coñecido portal de videos para adultos acaba de asinar un contrato en exclusiva para dispoñer dos videos dos procesos selectivos da Deputación de Ourense. O convenio de colaboración implicará o uso da tecnoloxía do coñecido portal para a emisión por streaming das probas prácticas das oposicións. Segundo transcendeu dita emisión farase a través do apartado … Seguir lendo
Baltar aproveita a súa visita a EEUU para mercar un arma
O presidente da Deputación de Ourense fardou de “pipa” polas redes sociais. Así, na súa visita na busqueda de inversores e empresarios, Xosé Manuel Baltar non deixou escapar a oportunidade de sentirse un estadounidense máis, facendo súa a segunda enmenda da Carta de Dereitos de Estados Unidos, e mercando un arma de uso persoal. Espéculase … Seguir lendo
A Fiscalía de Ourense soamente acusará aos Baltar cando se xubilen
Arquivaránse todas as actuacións da familia Baltar que sexan supostamente delictivas ata que o responsable das mesmas estea xubilado. A fiscalía anunciou o arquivo das dilixencias penais contra Manuel Baltar ao non apreciar delicto no caso da oferta de traballo na Deputación de Ourense a cambio de sexo. Para evitar que casos coma estes se … Seguir lendo