O coñecido portal de videos para adultos acaba de asinar un contrato en exclusiva para dispoñer dos videos dos procesos selectivos da Deputación de Ourense.
O convenio de colaboración implicará o uso da tecnoloxía do coñecido portal para a emisión por streaming das probas prácticas das oposicións. Segundo transcendeu dita emisión farase a través do apartado de transparencia da web da Deputación de Ourense.
Segundo transcendeu aos medios, ambas partes beneficiaranse do acordo. Deste xeito o portal de videos pornográficos disporía da emisión en exclusiva das probas mentres que a Diputación emitiría en directo en en streaming as probas en primicia. Para monetarizar o custo do servizo o ente provincial ten previsto dar de alta un número 806 e un servizo de SMS premium así como unha liña de taxas públicas a través do servizo de recadación do ente provincial no que se poderá facer unha subscrición completa ao estilo Netflix.
q