José Manuel Baltar fará de cantante noutro sitio ademais de na Deputación de Ourense.
A sorpresa no mundo do rock saltou en Ourense ao anunciar conxuntamente o grupo e a Deputación de Ourense a noticia de que José Manuel Baltar, presidente da Deputación de Ourense, será o próximo cantante dos Suaves.
O mundo do rock amosouse dividido. Por unha banda os que critican o coñecido gusto polos Beattles de Baltar que fará que a banda se faga máis popera e por outra banda os que din que Baltar é gilipollas. Este último grupo é o máis numeroso.
Na rolda de prensa xa se anunciou un disco sinfónico conxunto entre a Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense e os Suaves ao estilo das merdas que fixo Metallica coa orquestra sinfónica de San Francisco.
Mago de Oz xa anunciou que, no caso de producirse tal cousa, presentarían unha demanda xa que teñen a exclusiva de facer rock trapalleiro con gaitas.