Xa son numerosos os grupos e formacións interesadas en rendir homenaxe aos de Manzaneda.
Despois de máis de vinte anos en activo, a banda do macizo central, os Cuchufellos dirá adeus aos escenarios despois desta última xira. É por isto que xa son varias as bandas que comezan a utilizar cancións dos Cuchufellos nos seus concertos, rendindo homenaxe ao grupo.
Tal é a expectativa de que un grupo tributo se conforme que o concello de Trives emitirá un bando no que se convoca a un casting para elixir ao grupo máis digno que represente á banda. Especúlase que a iniciativa partiría do concello de Manzaneda, onde o seu alcalde compaxina os plenos con solos brutales de guitarra, e a maiores toca no propio grupo. Por este conflito de intereses sería Trives, con axuda da Deputación de Ourense, quen organice o concurso.
Entre os primeiros inscritos ao casting atópanse artistas do nivel de Charlie de Los Suaves, quen quedará sen grupo despois seu próximo e terceiro último concerto no mes de decembro. Destacan tamén persoeiros como Brian Johnson, ex cantante de AC/DC, xa recuperado da súa convalecencia. Por outra banda Kiko Rivera Paquirrín teríase ofrecido para versionear algún dos temas dos ourensáns.
Esquerdallada denuncia que o patrocinio da Deputación de Ourense deste casting por parte da Deputación de Ourense, poida estar vinculado á candidatura do novo grupo do que outrora fora presidente da Deputación Xose Luís Baltar, pai do actual presidente. Baltar pai e os seus ritmos frenéticos ao trombón fan do expresidente, máis alá do tráfico de influencias que poida cometer a súa antiga institución, un candidato impoñente de cara a saír victorioso do devandito casting.

Baltar pai tocando cos Cuchufellos durante unha Rebusca.