Científicos da USC en colaboración con universidades británicas conclúen que os habitantes de Vigo presentan os mesmos patróns xenéticos que os de Ourense
Tamén atoparon nalgúns indivíduos patróns procedentes de Portugal
Un grupo de investigación acaba de presentar un estudo que fala dos patróns de diferenciación xenética e as pegadas das migracións nos que a pobación de Vigo amosa máis rasgos xenéticos comúns cos habitantes de Ourense que con calquera outro habitantes do país. O estudo sostén que a subestrutura xenética máis forte se percibe dentro dos traballadores da Citroën que contén tres cuartas partes de racimos xénicos inferidos.
O estudo pode explicar certos comportamentos como a elección por maioría absolutisima de Abel Caballero que a equipa que levou a cabo a investigación atribúe a un grupo xenético presente no cromosoma X dos ourensáns que os predispón á elección de xente de dereitas con tendencias caudillistas.
Pola súa banda, o presidente da Deputación de Ourense, aproveitou este estudo para volver a poñer sobre a mesa a reivindicación territorial da praia de Samil.