A institución provincial actualiza os temarios e materias para as prazas de emprego público.

Xosé Manuel Baltar escollendo algunhas da probas prácticas para os exames de oposición a Deputación de Ourense.
Así o confirmaba na mañá de onte o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar. Durante a rolda de prensa, na que aproveitou para falar dos seus escarceos amorosos, Baltar adiantou algunhas das que sería as liñas chave das próximas convocatorias. O kamasutra, o famoso e antigo libro sexual hindú será obxeto de estudo por parte das persoas que desexen acceder a unha praza no ente provincial ourensán.
Así, as prazas de funcionariado da Deputación de Ourense contarán cunha nova materia, teórico-práctica, para poder acceder a un posto indefinido. Este contará con 7 partes, entre elas “Como atraer ao teu xefe”, “Filias e fobias da familia Baltar” ou “O número 7, como usalo para todo”.
Do mesmo xeito foi publicado o tribunal que se encargará da correción dos mesmos, sendo o propio Xosé Manuel Baltar quen se encargará de puntuar os contidos prácticos da nova asignatura. “Estou canso de que digan que os postos da Deputación son “a dedo”, agora poderemos afirmar con rotundidade que non, terán que currarse as posturas” asegura o presidente ourensán.
Desde as academias de formación da provincia valoran este cambio como negativo para o alumnado debido á subxectividade do tribunal práctico encarnado no propio presidente mentres que piden que exista tamén a posibilidade de presentarse diante dunha muller, a cal podería ser Ana Vázquez Blanco, vicepresidenta da Comisión de Interior no goberno de Mariano Rajoy, ou a concelleira de Educación, Belén Iglesias.