Actualidade

Baltar protagonizará o próximo anuncio de ING: Non é infidelidade [Video no interior]


Tempos Galegos adianta, en exclusiva, o novo anuncio que poderedes ver entrando no enlace da noticia.

Segundo transcendeu onte na prensa a corporación financieira holandesa fichará ao presidente da Deputación de Ourense para protagonizar a súa nova campaña de anuncios. Deste xeito acaban de anunciar que a filial de ING en España adquiriu os dereitos do affaire Baltar para protagonizar un novo anuncio do préstamo laranxa de ING Direct.

A financiera holandesa aproveitará así o tirón do Baltargate, o coñecido caso no que o presidente da deputación de Ourense no que presuntamente ofreceu un traballo a cambio de sexo, para promocionar o seu Préstamo Naranja.

Fontes próximas a José Manuel Baltar non quixeron facer declaracións sobre o anuncio ao noso medio zanxándoas con un escuesto ‘Es un asunto personal del presidente’. A compañía holandesa limitou as súas declaracións a un xogo de palabras ‘Asunto personal, préstamos personal, no es infidelidad. Pensamos que la gente lo entenderá’.

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.