Ante as dúbidas que suscita a composición da nova equipa de goberno de Rajoy, as casas de apostas colpasan pola enorme cantidade de variables. As puxas online veñen de subir un incremento so comparábel a grandes citas deportivas como as finais da Champions League, mundial de fútbol ou sobre se a Bisbal fixo a cobra a … Seguir lendo
Tag Archives: Abel Caballero
Un veciño de Nigrán trata de levar o Dinoseto para poñelo no xardín da súa casa
Un veciño de Nigrán desmontou o dinoseto para tratar de levalo para a súa casa e que así puidera adornar o seu xardín. Veciños da zona vella de Vigo denunciaron onte que un home estaba a desmontar o emblemático dinoseto e subíndoo por pezas a un camión. Alarmados pola situación avisaron á policía que se personou … Seguir lendo
Un home tenta suicidarse guindándose dende o ego de Abel Caballero
Os 75 metros da torre do hospital xeral non lle pareceron suficientementes polo que un veciño de Vigo que responde ás iniciais MGG saltou onte dende o ego de Abel Caballero. A pesar da altura o home resultou ileso ao caer sobre a paciencia dun militante de base do PSOE que paseaba pola rúa e que nin se … Seguir lendo
Enxeñeiros da Uvigo consiguen illar o material co que están feitos os Vitrasa
Despois de varias décadas de estudos, consiguen illar o material que a partir de agora poderá ser usado na industria militar para a fabricación de chalecos antibalas. Enxeñeiros da Universidade de Vigo, acaban de illar por primeira vez o material dos autobuses urbanos de Vigo, os Vitrasa, mundialmente coñecidos pola súa resistencia ao impacto e a dureza … Seguir lendo
Caballero aparece nun acto vestido cun chándal bolivariano de Vigo
O alcalde de Vigo sorprende a todo o mundo ao aparecer uniformado cual político bolivariano, co seu chándal da cidade. Abel Caballero non deixa de sorprender. Se primeiro foi o Alfageme na rotonda, e despois o Dinoseto, agora o rexidor vigués volve cunha nova idea en mente, a comercialización de chándals vigueses, para reivindicar a … Seguir lendo
Caballero cree que o Dinoseto reactivará a economía viguesa
O alcalde vigués está convencido das potencialidades do Dinosauro colocado na entrada da Praza da Princesa, en Porta do Sol. Abel Caballero presentaba onte, na súa rolda de prensa semanal o que considera será a revolución económica da cidade e incluso da área metropolitana. O alcalde e Vigo, catedrático de economía, asegura que o Dinoseto está … Seguir lendo
Abel Caballero coloca outro dinosaurio en Vigo
O seu amor polas cousas pleistocénicas podería ser obxecto dun estudo Abel Caballero colocou hoxe por sorpresa outro dinosaurio nunha rotonda ao que hai que sumar o colocado onte na rúa Rosalía de Castro. A teima que ten Abel Caballera con poñer cousas nas rotondas foi comentado por moitos veciñas e veciños da cidade olívica … Seguir lendo
O PSOE de Vigo presenta unha lista plural que acolle a todas as sensibilidades
O PSdeG-PSOE de Vigo presentará unha lista electoral que recolle todas as sensibilidades do partido Despois das interminables batallas internas dentro do PSOE vigués a dirección conseguiu pacificar a organización e presentará, nestas municipais, unha lista plurar e que recolla todas as sensibilidades do partido. Deste xeito todos os postos da lista van ser ocupados … Seguir lendo
O Celta de Vigo ficha a Abel Caballero para que tire os penalties
A directiva do club vigués vén de anunciar a incorporación do alcalde, que será o encargado a partir de agora de tirar as penas máximas pitadas a favor do clube. O Real Club Celta de Vigo reforza así unha das súas posicións estratéxicas máis eivadas nas últimas xornadas de liga, un experto en penas máximas, … Seguir lendo
Italia intercambiará a Fontana di Trevi polo barco de Alfageme
O alcalde de Vigo insistiu onte en que a instalación do barco é equiparable a outras obras de arte como a Fontana di Trevi e esta observación non pasou por alto aos mandatarios italiano que rapidamente se ofreceron a intercambiar a famosa fonte romana polo barco de Alfageme. ‘Saímos gañando’, declarou o alcalde de Roma, … Seguir lendo