Política

Carlos Príncipe: “Je suis Charlie, cona”


O que fora alcalde de Vigo, Carlos Príncipe, quere amosar a súa ledicia pola resposta cidadá na rúa en contra das decisións tomadas polo aparataxe do PSOE co cal se acabou coa súa militancia política na formación política.

Carlos Príncipe agradeceu o apoio popular recibido este domingo.

Carlos Príncipe agradeceu o apoio popular recibido este domingo.

Despois de que nesta semana Carlos Príncipe desvelase que a executiva federal do PSOE decidíse expulsalo por “lanzar acusacións injuriosas” contra o actual alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o seu propio partido. Príncipe vese de novo arroupado polo, segundo el, “verdadeiro socialismo”, que nunha demostración de músculo se botaba ás rúas para apoiar ao que fora o seu alcalde entreo os anos 91 e 95.

Carlos Príncipe móstrase orgulloso e agradecido ás xentes da “súa cidade” e afirma que outros, por Caballero, nunca lograrán ter un apoio cidadán semellante.

O exalcalde non claudica e anunciou xa na pasada semana que recurrirá esta decisión ante a Comisión de Garantías do PSOE, xa que non permitiría nunca que ninguén o calase.

Pola outra banda o PSOE pola boca do seu secretario de Organización deixao claro “O mellor que pode facer é calar e marchar” e din pechar así un proceso que xa se iniciou no 2011 cando foi expedientado e suspendido de militancia ao ano seguinte, xa en 2013 seríalle aberto un novo expediente a raíz do reiterados ataques a Caballero.

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.